Xabier Xil Xardón, nado en Morgade (Xinzo de Limia) en 1983, é un poeta galego.

Traxectoria É licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e actualmente é profesor de lingua e literatura galega no ensino medio. No seu poemario Os animais son universais porque non teñen retranca trata de realizar un retrato do ambiente e da xente da Limia, mentres que n'O trono xa non vén do ceo amósase mais crítico.

Pertence ao colectivo das Redes Escarlata.

Obra Poesía Cando menos a derrota, 2009, Sotelo Blanco Edicións. Os animais son universais porque non teñen retranca, Xerais (libro colectivo). O trono xa non vén do ceo, Xerais (libro colectivo). Detéxtonos, 2018, Positivas. O contaxio, 2019, Urutau.

Narrativa Contos de ida e volta.

Obras colectivas Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Premio 2012 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo, 2012, Xerais. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico. Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019).

Premios Premio de poesía Antón Tovar do Concello de Rairiz de Veiga no 2007, por abismalia. XXI Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 2008, por Cando menos a derrota.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas Recitando un poema na Libraría Paz de Pontevedra (outubro, 2022)

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en Xinzo de Limia Categoría:Nados en 1983 Categoría:Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo