Acontecementos Europa 2 de abril: Comeza a publicarse en París Le Figaro, primeiro como semanario e desde 1866 como diario. 4 de abril: Voda en Viena do emperador Francisco Xosé I de Austria coa emperatriz Sissi. 28 de xuño a 28 de xullo: Revolución de 1854 en España, pronunciamento militar seguido dunha insurrección popular durante o reinado de Isabel II.
América Un terremoto destrúe a cidade de San Salvador, capital do estado do Salvador.
Arte e cultura Fundación do Félibrige por seis escritores -entre eles Frédéric Mistral, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1904-, asociación que fomentou e tentou restaurar o provenzal como lingua literaria.
Nacementos 6 de xaneiro - Sherlock Holmes, detective, personaxe de ficción creado por Sir Arthur Conan Doyle. 28 de febreiro - Ramón Navarro, pintor galego (m. 1928). 17 de xuño - Juan Jacobo Durán Loriga, matemático galego. 31 de xullo - José Canalejas Méndez, político galego. 10 de outubro - Francisco Tettamancy Gastón, escritor e historiador galego (m. 1921). 16 de outubro - Oscar Wilde, escritor e esteta irlandés. 20 de outubro - Alphonse Allais, escritor francés (m. 1905). 20 de outubro - Arthur Rimbaud, poeta francés. 25 de outubro - Manuel Leiras Pulpeiro, escritor galego do Rexurdimento (m. 1912)
Mortes 1 de marzo - José María Moscoso de Altamira, político galego (n. 1788). 28 de marzo - Carl Adolph von Basedow, médico alemán (n. 1799). 29 de abril - Vicente Manuel Cociña Vizoso, político e xornalista galego. 9 de xullo - Antonio Neira de Mosquera, xornalista e escritor galego (n. 1823). 20 de agosto - Friedrich Schelling, filósofo alemán. 9 de decembro - Almeida Garrett, escritor portugués (n. 1799) 15 de decembro - Kamehameha III, rei do Hawai (n. 1814)? Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Allariz.
Outros 8 de decembro - O papa Pío IX proclama o dogma da Inmaculada Concepción, que afirma que a Virxe María naceu sen pecado orixinal.
Historia ano a ano
Categoría:1854