dereita|miniatura|Fito miriamétrico 120 da estrada, en Ponte Caldelas.

A C-531 era a denominación da antiga estrada comarcal que unía Xinzo de Limia e Vilagarcía de Arousa, cun percorrido de 151 km.

Percorrido

Atravesaba Celanova, Cortegada, A Caniza, Ponte Caldelas e Pontevedra. A denominación de C-531 responde á nomenclatura utilizada nas estradas nacionais de España. Esta estrada encóntrase dividida nos seguintes treitos: Provincia de Ourense (54,5 km) OU-531: Xinzo de Limia - Cortegada (51,3 km) OU-904 e tramo urbano de Cortegada (2,5 km) OU-801: Cortegada - ponte sobre o río Miño (0,7 km)

Provincia de Pontevedra (97,5 km) PO-400: Ponte sobre o Miño - Filgueira (1,1 km) PO-406: Filgueira - A Caniza (10,3 km) N-120: A Caniza - Petán (4,3 km) PO-255: Petán - Ponte Caldelas (41,2 km) PO-532: Ponte Caldelas - Pontevedra (14,2 km) Tramo urbano de Pontevedra (2,2 km) PO-531: Ponte da Barca - Baión (19 km) N-640a: Baión - Vilagarcía de Arousa (3,9 km) Tramo urbano Vilagarcía de Arousa (1,3 km)

Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera construíuse unha ponte de ferro e pedra para cruzar o río Miño entre Filgueira e Cortegada, preto do lugar da Barca, hoxe aldea abandonada. En 2008 foi inaugurada unha nova ponte, A Ponte Nova, 200 metros río arriba. Notas

Categoría:Antigas estradas galegas Categoría:Estradas da provincia de Ourense Categoría:Estradas da provincia de Pontevedra