O cristianismo ortodoxo, como póla do cristianismo, está integrado polas tradicións relacionadas coa filosofía oriental, en oposición ás tradicións occidentais, representadas polo catolicismo. O cristianismo ortodoxo pódese referir a: Calquera teoloxía cristiá que se considera a correcta en comparación con outra polos seus adherentes. O cristianismo ortodoxo: a doutrina e conxunto de crenzas compartidas pola Igrexa ortodoxa e polas Igrexas ortodoxas non canónicas, algunhas das cales teñen unha antigüidade que remóntase aos doce apóstolos. É a terceira das tres grandes comunidades cristiás, despois do catolicismo e do protestantismo. As igrexas ortodoxas orientais, xurisdicións que se escindiron do corpo da Igrexa ao rexeitar a Cristoloxía emanada do Concilio Ecuménico de Calcedonia o ano 451. Igrexas orientais, as que se desenvolveron dende os primeiros tempos do cristianismo nas rexións do Imperio romano situadas baixo a órbita cultural de Bizancio e a lingua grega.