Alborada pode referirse a:
o tempo que transcorre desde o resplandor da alba até a saída do Sol; Alborada, nome galego de muller de orixe latina. un poema de orixe popular, a miúdo cantado, que foi recollido pola elaboración culta desde a Idade Media. Tamén se chama alba. un xénero musical tradicional galego, esencialmente instrumental, típica da alba dos días de festa. Exemplos: a alborada galega, a alborada de Ponte Caldelas ou a alborada de Pascual Veiga. o paseo dun grupo facendo música polas rúas. un toque militar realizado coa corneta ao amencer, antes do izado da bandeira. o grupo musical Alborada do Perú.
Hai varias publicacións co nome de Alborada: O semanario La Alborada, impreso na Habana a partir de 1911, e dirixido por Roberto Blanco Torres. A revista Alborada editada en Pontevedra en 1922. O xornal Alborada, editado en Monforte de Lemos entre 1923 e 1928. A revista Alborada, editada en Buenos Aires en 1925. O xornal Alborada, editado en Lugo entre 1931 e 1936. A revista Alborada do Centro Galego de Barcelona, fundada en 1948. Alborada, Organo de la Casa Galicia de São Paulo, que apareceu en 1955, con segunda época en 1963-1969. A revista Alborada, editada en Maracaibo en 1974.
E dúas empresas editoriais: Editorial Alborada, aparecida en Pontevedra a principios do s. XX que, entre outros, publicou o libro Proel de Luís Amado Carballo. Editorial Alborada, ligada á Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina.
Véxase tamén Outros artigos La Alborada