André Martinet, nado en Saint-Alban-des-Villards o 12 de abril de 1908 e finado en Châtenay-Malabry o 16 de xullo de 1999, foi un lingüista francés.

Traxectoria Catedrático de inglés, sostén en 1937 as súas dúas teses doutorais: A xeminación consonántica de orixe expresiva nas linguas xermánicas e A fonoloxía da palabra en danés.

De 1938 a 1946, é director de estudos na École pratique des hautes études. A continuación dirixe a International Auxiliary Language Association en Nova York (1946-1948), onde contribúe á elaboración da interlingua. Ensina na Universidade de Columbia, onde é nomeado director do departamento de lingüística (1947-1955) e chega a ser director da revista Word.

En 1955 volve ao seu posto na École pratique des hautes études e ocupa a cátedra de lingüística xeral na Sorbona, e logo na Universidade de París V. É presidente da Sociedade Europea de Lingüística (1966-1999), funda a Sociedade de Lingüística Funcional e a revista La Linguistique.

Influenciado pola Escola de Praga, inaugura a visión funcionalista da sintaxe (Langue et Fonction, 1962). É o autor dunha vintena de obras importantes en lingüística diacrónica (Économie des changements phonétiques, 1955) e en lingüística xeral. A súa obra máis coñecida, Éléments de linguistique générale (1960) foi traducida a 17 linguas e ten influenciado a toda unha xeración de lingüistas en todo o mundo. É tamén autor de: Syntaxe générale (1985), Fonction et dynamique des langues (1989). Ten deixado unha autobiografía intelectual: Mémoires d'un linguiste, vivre les langues (1993).

Bibliografía La description phonologique avec application au parler francoprovençal d'Hauteville (Savoie), coll. « Publication romanes et françaises », Genève, Librairie Droz, 1956. Éléments de linguistique générale, París, Armand Colin, 1960. Langue et fonction, 1962. La linguistique synchronique, París, Presses universitaires de France, 1965. Le français sans fard, coll. « Sup », París, PUF, 1969. Évolution des langues et reconstruction, París, PUF, 1975. Syntaxe générale, 1985. Fonction et dynamique des langues, París, Armand Colin, 1989. Mémoires d'un linguiste, vivre les langues, 1993. Des steppes aux océans, París, Payot, 1986.

Véxase tamén Outros artigos Dupla articulación da linguaxe Función da linguaxe Lingua

Categoría:Lingüistas de Francia Categoría:Indoeuropeístas Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1999