O Real Murcia Club de Fútbol é un club de fútbol de España da cidade de Murcia. Foi fundado en 1908 e actualmente xoga no grupo 2 da Primeira División RFEF.

É o único equipo da Rexión de Murcia que xogou na Primeira División, categoría na que militou un total de 18 tempadas. É o equipo que máis tempadas xogou en Segunda División, o que máis títulos de campión desa categoría posúe (9) e, xunto ao desaparecido CD Málaga, o que logrou máis ascensos a Primeira (11).

Uniforme Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón branco, medias vermellas. Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón verde, medias verdes. Terceiro uniforme: Camiseta negra cunha banda branca, pantalón negro, medias negras.

Estadio miniatura|200px|Exterior da Nueva Condomina.

Con capacidade para 31.179 espectadores, trátase dun estadio 4 estrelas, homologado pola FIFA e a UEFA para poder disputar competicións europeas e internacionais. Quedou inaugurado coa celebración dun partido amigable internacional entre as seleccións de España e a Arxentina o 11 de outubro de 2006 con vitoria española por 2 a 1. O primeiro partido disputado polo club foi o 26 de novembro de 2006 ante o Real Valladolid, que se saldou cunha derrota do conxunto local por 1 a 4.

Antigamente xogaba no Estadio de La Condomina.

Datos do club Tempadas en 1ª: 18 Tempadas en 2ª: 54 Tempadas en 2ªB: 15 Tempadas en 3ª: 4

Datos en Primeira División Mellor posto: 11º (tempadas: 44-45, 45-46, 83-84 e 86-87). Peor posto: 20º (tempada: 03-04). Maior goleada conseguida como local: Real Murcia 6-1 Osasuna (2 de outubro de 1988). Maior derrota encaixada como local: Real Murcia 1-5 Real Zaragoza (27 de abril de 1975). Maior goleada conseguida como visitante: Real Zaragoza 1-6 Real Murcia (18 de xaneiro de 1981). Maior derrota encaixada como visitante: Fútbol Club Barcelona 8-1 Real Murcia (4 de outubro de 1964).

Xogadores 2011/12

Palmarés Torneos rexionais Campionato Levante (1): 1920–21 Campionato de Murcia (9): 1925–26, 1926–27, 1927–28, 1928–29, 1929–30, 1930–31, 1931–32, 1933–34, 1939–40 Campionato Superrexional de Levante-Andalucía (1): 1935–36

Torneos nacionais Segunda División de España (8): 1939–40, 1954–55, 1962–63, 1972–73, 1979–80, 1982–83, 1985–86, 2002–03 Segunda División B de España (2): 1992–93, 2010–11 Terceira División de España (3): 1971–72, 1976–77, 1995–96

Torneos amigábeis Trofeo Festa d'Elx (3): 1975, 1983, 2002 Trofeo Ciudad de Murcia (3): 1968, 1969, 1996 Trofeo Nueva Condomina (2): 2004, 2007 Campionato do Sudeste de España (1): 1911 Trofeo Concepción Arenal (1): 1960 Trofeo de las Ciudades (1): 1973 Torneo Costa Blanca (1): 1973 Trofeo Ciudad de Albacete (1): 1979 I Trofeo de Fútbol de la Región de Murcia (1): 1984 Trofeo Costa Cálida (1): 1993 Torneo de Mondariz (1): 2008 Trofeo del Centenario (1): 2008 Trofeo Cuna de Belén (1): 2010 Memorial Enrique Miralles (1): 2010 Trofeo Triangular 7 Región de Murcia (1): 2011

Filial

O Real Murcia Club de Fútbol Imperial é o primeiro equipo filial do Real Murcia. Fundado no ano 1924, é o equipo que ten a marca de número de tempadas na Terceira división española. Na tempada 2007/2008 logrou o ascenso á Segunda División B.

Notas

Ligazóns externas Sitio web oficial Páxina oficial da Federación de Peñas Murcianistas (FEPEMUR). Web non oficial Web non oficial

Murcia Categoría:Deporte en Murcia Murcia