Ramón Vázquez Molezún, nado na Coruña o 2 de setembro de 1922 e finado en Madrid o 1 de outubro de 1993, foi un arquitecto galego.
Biografía Obtivo o título de arquitecto en 1948 pola ETSA de Madrid. Entre 1949 e 1952 estivo de bolseiro pensionado na Academia de España en Roma. Entre 1950 e 1952, ademais, foi correspondente en Roma da Revista Nacional de Arquitectura. En 1952 fundou xunto a José Antonio Corrales Gutiérrez o estudio Corrales y Molezún. Entre 1981 e 1985 exerceu de Profesor de Proxectos III na ETSA de Madrid.
Obras principais
dereita|miniatura|Refuxio da Roiba, en Beluso.
As obras do estudio Corrales y Molezún mantiñan un estilo racionalista-construtivista"El arte de Corrales/Molezún", artigo de Antonio Fernández-Alba en El Mundo, 24 de maio de 1996 , e foi un dos estudios de referencia na arquitectura española da posguerra.
En 1956 o estudio gañou o primeiro premio do Concurso Nacional para deseñar o pavillón español na Exposición Universal de Bruxelas de 1958"Corrales y Molezún" na enciclopedia Encarta . Este pavillón, construído a base de módulos hexagonais desmontables soportados por esveltos piares metálicos, constitúe a obra máis representativa dos arquitectos. O pavillón foi reinstalado en 1959 na Casa de Campo de Madrid, onde se mantén nun estado de grande abandono.
Deseñaron o Centro de Segunda Enseñanza de Herrera de Pisuerga (1954-56) e, en colaboración con Alejandro de la Sota, a residencia infantil de Miraflores de la Sierra (1957).
No campo das vivendas unifamiliares destacan a casa Cela (Palma, 1961-1962), a Casa Huarte (Madrid, 1966) e a casa do propio arquitecto Corrales.
Outros edificios destacables son o edificio de Selecciones del Reader's Digest (1963-1965), e tres edificios madrileños: o edificio Bankunión (1970-1975), o edificio do Banco Pastor (1973) e o edificio auxiliar para o Banco de España (1984). Ademais, Vázquez Molezún traballou na rehabilitación do Refuxio da Roiba, unha vivenda unifamiliar da súa propiedade en Beluso (Bueu).
Premios miniatura|Sede da Fundación Barrié na Coruña, obra de Vázquez Molezún con Rafael Olalquiaga e Gerardo Salvador Molezún. 1947: 1ª Medalla na exposición de Acuarelistas de España e Portugal, pola obra Paseo dos Melancólicos. 1949: Gran Premio de Roma polo proxecto de Faro votivo a Santiago Apóstol. 1951: Premio da Dirección Xeral de Belas Artes polo Teatro ao aire libre, homenaxe a Gaudí, na I Bienal Hispanoamericana celebrada en Madrid. 1952: Medalla do Ministerio de Educación Nacional na exposición de Belas Artes. 1953: Gran Premio do Ministerio de Educación Nacional polo proxecto de Museo de Arte Contemporánea e Pazo de Exposicións na II Bienal Hispanoamericana celebrada na Habana. 1954: Premio Nacional de Arquitectura. 1955: Premio de Arquitectura da Trienal de Arte de Milán. 1955: Premio Nacional de Arquitectura polo Museo de Arte Contemporánea e o Pazo de Exposicións. 1955: Primeiro Premio no Concurso de Proxectos para a Delegación de Facenda da Coruña. 1955: Segundo Premio polo proxecto da Facultade de Ciencias de Barcelona. 1956: Primeiro Premio para a realización do Pavillón de España na Exposición Universal de Bruxelas de 1958. 1957: Primeiro Premio polo proxecto Residencia Infantil para Cristalera Española. 1959: Premio do Círculo de Estudos de Arquitectura de París. 1961: Primeiro Premio no Concurso para a Urbanización da Huerta del Rey en Valladolid. 1962: Terceiro Premio no Concurso para a Prolongación da Alameda de Málaga. 1963: Segundo Premio no Concurso de anteproxectos para a Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños de Madrid. 1964: Segundo Premio no concurso de anteproxectos para o Pavillón Español na Feira Mundial de Nova York. 1964: Terceiro Premio no concurso internacional para a ópera de Madrid. 1970: Primeiro Premio no Concurso para o edificio central de Bankunión en Madrid. 1971: Segundo Premio no concurso para a Sede Central do Banco de Bilbao en Madrid. 1972: Premio Mundial do Industrial Building Design en Chicago. 1972: Primeiro Premio no concurso do novo edificio Banco Pastor en Madrid. 1973: Primeiro Premio no concurso do Parador Nacional de La Seu d'Urgell. 1974: Primeiro Premio no concurso de anteproxectos do Edificio Central de Renfe Chamartín. 1975: Primeiro Premio no concurso de edificio de oficinas centrais de Aviaco. 1975: Primeiro Premio no concurso Novo Gran Kursaal en Donostia. 1977: Primeiro Premio no concurso dos Laboratorios Ibys en Tres Cantos (Madrid). 1978: Premio Juan de Villanueva de Arquitectura polo edificio Banco Pastor. 1978: Primeiro Premio polo Proxecto de Urbanización Sotogrande en San Roque (Cádiz). 1984: Primeiro Premio no Concurso para Residencia do Banco Exterior de España en Conil de la Frontera (Cádiz). 1989: Encargo por Concurso da Universidade Politécnica Carlos III en Leganés. 1993: Medalla de Oro da Arquitectura 1992 do Consello Superior de Colexios de Arquitectos. 1993: Medalla Castelao. 1995: Medalla de Ouro de Honra Unión Fenosa (a título póstumo). Vida persoal
Era curmán do atleta e pintor Manuel Molezún.
Notas
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes