Francisco de Aguiar Seixas e Ulloa, nado en Betanzos en 1632 e finado en Cidade de México o 14 de agosto de 1698, foi un relixioso católico galego, bispo de Michoacán e arcebispo de Nueva España.
Biografía miniatura|Placa na Igrexa de Santiago en Betanzos Foi fillo de Alonso Vázquez de Seixas e Lobeira, rexedor perpetuo de Betanzos, e de Mariana de Ulloa. Estudou nas universidades de Santiago de Compostela e de Salamanca, chegando a ser reitor da primeira entre 1668 e 1674.
O 20 de agosto de 1677 foi nomeado bispo de Michoacán (actual arquidiocese de Morelia), polo que embarcou cara a América ao ano seguinte. Permaneceu tres anos no cargo, ao ser nomeado arcebispo de Nueva España (actual Arquidiocese de México) por Inocencio XI en 1680. Ocupou a cátedra o 2 de xaneiro de 1682, sendo unha das súas primeiras medidas a fundación e construción do Seminario Conciliar de México. Tamén mandou construír diversas obras adicadas á beneficencia, coma un hospital para enfermas mentais, o colexio de San Miguel de Belén e a Casa de Misericordia. En 1695 acometeu o derrubamento e o inicio das obras do Santuario da Nosa Señora de Guadalupe, rematado en 1709.
Ascético e moralista, da súa labor coma arcebispo destacan a prohibición das pelexas de galos, das touradas e das representacións teatrais. Ademais, durante o seu episcopado tivo fortes conflitos coa poetisa e dramaturga Sor Juana Inés de la Cruz: en plena Inquisición española, o prelado vía incompatible a súa condición de relixiosa co carácter profano de gran parte da súa obra.
Trala súa morte foi soterrado na capela de San Filipe da catedral mexicana.
Véxase tamén Bibliografía Los gallegos y el Nuevo Mundo en la época virreinal. Grupo Nono Art. Banco Pastor, 1987.
Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Nados en Betanzos Categoría:Nados en 1632 Categoría:Finados en 1698