Xosé Rubia Barcia, nado en Mugardos o 31 de xullo de 1914 e finado en Santa Monica (California) o 6 de abril de 1997,La Voz de Galicia, 9-4-1997, p. 46. foi un escritor e crítico literario galego.

Traxectoria Estudou o bacharelato en Ferrol e posteriormente trasladouse a Granada para estudar Filosofía e Letras. En 1935 obtivo a licenciatura de Letras con premio extraordinario. Colaborou no xornal Política. Foi agregado da Universidade de Valencia e xefe de redacción da revista Armas y Letras, órgano de Milicias de la Cultura. Nos últimos meses da guerra civil española foi xefe de negociado da Subsecretaria de Armamentos do Ministerio da Guerra. Acabada a guerra e logo de pasar por un campo de concentración francés, logrou chegar a Cuba onde deu conferencias e fundou a Escola Libre da Habana e a Academia de Artes Dramáticas. Permaneceu na illa ata 1943, ano en que marchou a Estados Unidos de América para ensinar na Universidade de Princeton, pasando despois a Nova York. En 1944, traballou de comentarista e escritor do programa en español da radio norteamericana da Office of War Information. Ese mesmo ano marchou con Luis Buñuel a Hollywood e traballou como escritor e director de dobraxes nos estudios Warner Brothers. Escribiu con Buñuel guións cinematográficos, tales como, La novia de los ojos ensangrentados e La novia de la medianoche. En 1945 casou coa actriz Eva López, nos Ánxeles. A partir de 1954 pertenceu ao claustro do Departamento de Español e Portugués da Universidade de California, en Los Ángeles, do que chegou a ser titular en 1961, e desde 1985, profesor emérito de Literatura española.

En 1954 estivo a punto de ser deportado pola "Caza de Bruxas" do senador Joseph McCarthy e ao ano seguinte trasládase a Portugal para ver a súa familia; como llo impediron, trasladase coa súa muller a París.

Obtivo o Premio José Vasconcelos en 1983 e ese mesmo ano foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.Membros correspondentes da RAG

Obra Poesía Noche de Galicia. Tres en uno.

Ensaio España y IV. El esperpento y su signo universal. La Pardo Bazán y Unamuno. Umbral de sueños. Poetas españoles en USA. Lengua y cultura. Mascarón de proa. Memoria de España.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas José Rubia Barcia por Francisco Arias Solís

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes

Categoría:Personalidades da guerra civil española Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Exilio galego Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Profesores da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega