O Granada Club de Fútbol é un club de fútbol de España, da cidade de Granada, Andalucía. Fundouse en 1931 e actualmente milita na Liga SmartBank.
Durante a tempada 2009-10 xogou no Grupo IV da Segunda división B, proclamándose campión de grupo. Superou a eliminatoria a dobre partido contra o AD Alcorcón (2-1), ascendendo tras 22 anos. Na tempada 2010-11 terminou en quinta posición e gañou as dúas eliminatorias de play-off, conseguindo o ascenso a Primeira logo de 35 anos.
Uniforme Titular: Camiseta branquivermella a raias horizontais, pantalón azul e medias brancas. Alternativo: Camiseta azul escura, pantalón azul escuro e medias azuis escuras. Terceiro: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
Estadio O Granada xoga no Estadio Nuevo Los Cármenes, con capacidade para 16.500 espectadores e inaugurado en 1995.
Traxectoria Tempadas en 1ª: 26 Tempadas en 2ª: 34 (incluída a 2022/23) Tempadas en 2ª B: 22 Tempadas en 3ª : 5 Tempadas en 1ª Andaluza: 0 Tempadas en Rexional Preferente: 0 Tempadas en 1ª Rexional: 1 Tempadas en 2ª Rexional: 1 Mellor posto en 1ª: 6º (tempadas 1971-1972 e 1973-1974) Peor posto en 1ª: 20º (tempada 2016-17) Maior goleada conseguida en 1ª: Granada 8-0 Real Oviedo (tempada 1941-42) Maior goleada encaixada en 1ª: FC Barcelona 8-2 Granada (tempada 1960-61) Máis partidos disputados en 1ª: Pedro Fernández Cantero (170 partidos) Máis veces vestiu a camiseta do club: Lina (371 partidos) Máis goles na historia do club: Rafa (97 goles) Máis partidos adestrou ao equipo: Joseíto (206 partidos)
Xogadores Cadro actual Actualizado a 24 de febreiro de 2020.
Palmarés Torneos nacionais Segunda División de España (2): 1956-57, 1967-68 Segunda División B de España (3): 1982-83, 1999-00, 2009-10 Terceira División de España (3): 1933-34, 2003-04, 2005-06 Subcampión da Segunda División (2): 1940-41, 1965-66 Subcampión da Segunda División B (2): 1995-96
Torneos rexionais Copa de Andalucía (1): 1971-72
Distincións individuais Trofeo Pichichi Porta con 20 goles (tempada 1971-72) en Primeira División Rafa con 27 goles (tempada 1955-56) en Segunda División Manolo con 31 goles (tempada 1986-87) en Segunda División B
Trofeo Zamora Candi (tempada 1954-55) en Segunda División Gustavo (tempadas 2003-04 e 2005-06) en Terceira División
Véxase tamén Granada Club de Fútbol B Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Granada CF