O Mérida Unión Deportiva foi un club de fútbol de España, da cidade de Mérida, en Estremadura. Foi fundado en 1990 e foi o sucesor do Club Polideportivo Mérida, do que era filial. Desapareceu en 2013 e os seus dereitos foron adquiridos polo Mérida Asociación Deportiva.

Historia É o sucesor do histórico Club Polideportivo Mérida fundado o 28 de decembro de 1912. O 31 de agosto de 2000 este club desapareceu, tomando a substitución o seu filial fundado en 1990, o Mérida Promesas, que pasou a chamarse Mérida Unión Deportiva.

O Mérida tomou a substitución e o 16 de xuño de 2001 subiu a Segunda B ao gañar 3-0 ao Torredonjimeno con goles de Ramírez, Juanjo e Santi e con Jorge Gruart na presidencia. Na tempada 01-02 xogou a fase de ascenso a Segunda, sendo eliminado pola SD Compostela. Tras outro descenso a Terceira División na tempada 03-04, toma as rendas do club José Fouto Galván e o Mérida conseguiu o ascenso á Segunda na tempada 04-05. A tempada 07-08 xogou a Fase de ascenso a Segunda, sendo eliminado pola SD Ponferradina.

O club descendeu administrativamente á Terceira División no verán do 2009 por falta de pagamentos aos seus xogadores e tomou as rendas unha Xunta Xestora liderada por Antonio Higuero.

Desapareceu en 2013 e os seus dereitos foron adquiridos polo Mérida Asociación Deportiva.

Estadio

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 7 Tempadas en 3ª: 15 Tempadas en Rexional: 1 Mellor posto en Segunda B: 4º (tempadas: 2001-02 e 2007-08) Peor posto en Segunda B: 18º (tempada 2003-04)

Xogadores 2009/10

12px|Capitán

Palmarés Torneos nacionais Terceira División (2): 1999-00, 2004-05 Rexional Preferente (1): 1990-91 Subcampión de Terceira División (2): 1997-98, 2000-01

Torneos rexionais Campión da Fase Rexional da Copa Federación (1)''': 2002-03

Filial O club ten un equipo filial en Primeira Rexional de Estremadura, o Mérida Club de Fútbol. O Mérida CF ademais xestiona varios equipos de canteira, desde escola de iniciación ata xuvenís, e ten varias escuadras xogando competicións rexionais en categorías inferiores. A súa canteira é unha das mellores de Estremadura, destacando os infantís, os cadetes e os xuvenís.

Véxase tamén Mérida Asociación Deportiva

Merida UD Categoría:Deporte en Mérida