{| border="1" cellspacing="0" align="right" cellpadding="2"

! bgcolor="pink" | Trocozoos

| align="center" | 200px A larva trocófora dos trochozoos

! bgcolor="pink" | Clasificación científica

Reino: Animalia Subreino: Eumetazoa Sen clasificación: Bilateria Superfilo: Lophotrochozoa Sen clasificación: Trochozoa

! bgcolor="pink" | Filo

Filo Annelida Filo Mollusca Filo Hyolitha † Filo Sipuncula Filo Nemertea|}

Os Trocozoos (Trochozoa''') forman un grupo de varios filos de animais protóstomos, que teñen en común o feito de estar unidos pola presenza nas fases embrionarias de larvas trocóforas, as cales teñen dúas bandas de cilios arredor da metade do seu corpo.

Recentes estudos de ADN parecen confirmar a unidade deste grupo, sendo polo tanto un grupo monofilético e tendo como grupos moi próximos os lofoforados. Esta é a razón pola que se creou un clado que os asocia nun único grupo e que leva o nome de lofotrocozoosGiribet, G. (2008). "Assembling the lophotrochozoan (=spiralian) tree of life". Philosophical transactions of the Royal Society of London. Series B, Biological sciences 363 (1496): 1513–1522.. Ata hai pouco, os artrópodos (insectos e crustáceos) considerábanse posibles parentes próximos dos anélidos, isto estaba baseado no feito de que ámbolos dous grupos están segmentados, pero os artrópodos non posúen larva trocófora e ademais non existen evidencias moleculares que apoien unha estreita relación entre estes grupos.

Bibliografía

Véxase tamén

Outros artigos Lofotrocozoos Lofoforados

Ligazóns externas

Categoría:Trocozoos