miniatura|Larva trocófora en visión lateral
A.- Episfera B.- Hiposfera 1.- Ganglio nervioso 2.- Placa sincipital 3.- Prototroca 4.- Metatroca 5.- Esbozo mesodérmico 6.- Ano 7.- Protonefridio 8.- Tubo dixestivo 9.- Boca 10.- Blastocele
Unha trocófora é un tipo de larva mariña, que posúe dúas bandas de cilios. Debido ao movemento destes cilios crea remuíños na auga que posibilitan o control na dirección dos seus movementos. adicionalmente, estes movementos da auga serven para o achegamento de comida, que pode deste xeito ser máis facilmente capturada, sendo a base principal da súa alimentación o plancto.
O nome de trocófora procede da súa forma de peón, tendo unha clara simetría bilateral e distinguíndose nela as seguintes partes:
Episfera. Hemisferio superior, por riba da prototroca. Hiposfera. Hemisferio inferior, por baixo da prototroca. Ganglio nervioso. Masa de células nerviosas da que parten oito nervios meridianos. Placa sincipital. Penacho de cilios no extremo superior da episfera. Prototroca. Anel de cilios por riba da boca; a súa vibración contribúe ao movemento da larva. Metatroca. Anel de cilios por baixo da boca; tamén con función motriz. Tubo dixestivo. A boca abre aproximadamente no centro da larva e corresponde ao blastóporo embrionario; a continuación hai unha curta farinxe que da ao estómago en forma de saco, ao que segue o intestino e o ano, que abre no polo oposto á placa sincipital. Protonefridios. Un par de nefridios (órganos excretores). Blastocele. A cavidade xeral da larva é o blastocele embrionario.
Esta larva atópase tipicamente en varios filos dentro do grupo dos Lophotrochozoa, como os moluscos, anélidos, sipuncúlidos etc. Hai formas parecidas, máis ou menos asimilables á larva trocófora, como a larva pilidio dos nemertinos ou a larva de Müller dos platelmintos (con aparato dixestivo incompleto).
dereita|miniatura|300px|Ontoxenia dun Polyplacophora: a primeira imaxe é unha trocófora, a segunda é un estadio de metamorfose e a terceira é un xuvenil dun Polyplacophora.
Bibliografía
Véxase tamén
Ligazóns externas A orixe das larvas
Categoría:Embrioloxía Categoría:Termos zoolóxicos