O Centre d'Esports Sabadell Futbol Club é un club de fútbol español, da cidade de Sabadell, en Cataluña. Foi fundado en 1903 e actualmente xoga na Segunda División B.
Entre os seus logros deportivos destacan o Campionato de España de segunda categoría en 1913, a Copa Federación en 2000 e un subcampionato da Copa de España en 1935. Militou 14 tempadas na Primeira División e participou nunha edición da Copa de Feiras.
Himno O himno oficial do club é Honor al Sabadell, escrito por Lluís Papell con música de Adolf Cabané. Con todo, entre 1983 e 1991 o club utilizou como oficial o himno Sempre endavant Sabadell, composto por Ramon Montlleó.
Estadio Nova Creu Alta; construído no ano 1967, cun aforamento de 20.000 espectadores. Foi inaugurado no mes de agosto dese mesmo ano. Situado nunha zona urbana da cidade, preto da nova arteria comercial e de oficinas; a avenida de Francesc Macià. A súa dirección é: Plaça Olímpia s/n, 08206 Sabadell, e as oficinas do club atópanse na zona de tribuna do propio estadio.
Datos do club Tempadas en 1ª: 14 Tempadas en 2ª: 40 Tempadas en 2ª B: 17 Tempadas en 3ª: 8 Posto na Clasificación histórica de Primeira: 31º Mellor posto en Primeira: 4º (tempada 68-69) Peor posto en Primeira: 18º (tempada 71-72) Participacións en competicións internacionais: 1 1 na Copa de Feiras (actual UEFA)
Tempada a tempada TempadaCategoríaPostoCopa do Rei2009/102ª B10.º2ª rolda2010/112ª B2011/122ª19.º2ª rolda2012/132ª16.º3ª rolda2013/142ª10.º2ª rolda2014/152ª1/32 de final2015/162ª B7.º1ª rolda2016/172ª B15.º2017/182ª B12.º2018/192ª B12.º2019/202ª B—
Xogadores Categoría principal: Xogadores do CE Sabadell.
Cadro 2009/10
Xogadores con máis partidos en Primeira Pepe Martinez: 151 Isidro Sánchez: 142 Ramón Montesinos: 142 Ramón de Pablo Marañón: 140 Pini: 138 Josep Palau: 115 Joaquim Navarro: 103 Lluís Múñoz: 100 Antonio Vázquez: 92 Alberto Arnal: 86 Manuel Pallàs: 85 Ricard Pujol: 81
Máximos goleadores en Primeira Antonio Vázquez Medina: 35 Manuel Pallas: 27 Josep Palau: 26 Antonio Sangrador: 23 Juan Del Pino: 24 José Luis Garzón Sr.: 21 Josep Antoni Noya: 15 Josep Maria Vall: 15 Ramón de Pablo Marañón: 15 Juli Gonzalvo: 14 Benjamín Telechea: 12 Periko Alonso: 12
Palmarés Torneos rexionais Copa Catalunya (1): 1933-34 Campionato de Catalunya de segunda categoría (3): 1912-13, 1913-14, 1929-30 Subcampión da Copa Generalitat (1): 1990-91
Torneos nacionais Campionato de España de segunda categoría (1): 1913 Copa Federación (1): 1999-00 Segunda División de España (2): 1941-42, 1945-46 Segunda División B de España (1): 1983-84 e 2010-11 Terceira División de España (4): 1931-32, 1963-64, 1976-77, 1993-94 Subcampión da Copa de España (1): 1935 Subcampión da Segunda División (6): 1934-35, 1939-40, 1956-57, 1957-58, 1958-59, 1985-86 Subcampión da Terceira División (2): 1930-31, 1932-33
Torneos amigábeis Torneig Nostra Catalunya (5): 1978, 1979, 1988, 1989, 1990 Subcampión do Torneig Nostra Catalunya (2): 1980, 1984
Presidentes Joan Grau (1906-1910) Joan B. Saus (1911-1923) Emili Moragas (1923-1929) Antoni Tamburini (1930-1933, 1939) Josep Maria Marcet (1933-1934, 1939-1942, 1951-1952, 1952-1953) Joan Ricart (1953-1955) Ricart Rosson (1955-1958, 1965-1973) Francesc Valldeperas (1975-1983) Joan Soteras Vigo (1994-1996, 2006-actualidade) Miquel Arroyos (1996-2002)
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial Web non oficial Web non oficial
Categoría:CE Sabadell Sabadell Categoría:Sabadell