Eliyahu Moshe Goldratt, nado o 31 de marzo de 1948 e finado o 11 de xuño de 2011, foi un físico israelí que se converteu nun gurú da consultoría de empresas, e un dos propoñentes da teoría das restricións. Afirmaba usar o método científico para resolver os problemas das organizacións.
Foi o autor de varios libros escritos en estilo de novela, abordando temas como loxística de produción, loxística de distribución, plan estratéxico, xestión de proxectos, finanzas, mercadotecnia e tecnoloxía da información, entre outros.
O seu libro The Goal ("A meta") introduce aspectos da contabilidade e da produtividade criando un novo enfoque de análise chamado "mundo da ganancia" en oposición ao chamado "mundo do custo". É considerada unha obra importante no campo da melloría da produtividade e de toda decisión empresarial centrada nos beneficios.
Obras The Goal: A Process of Ongoing Improvement ("A meta", 1984). It's Not Luck ("Non é sorte", 1994). Critical Chain ("Corrente crítica", 1997). Necessary But Not Sufficient ("Necesaria mais non suficiente", 2000).
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en www.toc-goldratt.com . Expertos TOC Páxina Web dedicada á TOC .
Categoría:Físicos de Israel Categoría:Personalidades da empresa Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Alumnos da Universidade de Tel Aviv Categoría:Alumnos da Universidade Bar-Ilan