Manuel Meilán Martínez, nado en Lugo o 18 de xullo de 1904 e finado en Montevideo o 26 de setembro de 1994,La Voz de Galicia, 27-9-1994, p. 18. foi un dinamizador do galeguismo na comunidade emigrante no Uruguai.
Traxectoria miniatura|300px|Xesús Canabal, Castelao e Manuel Meilán, Montevideo, 1940. Para evitar participar na Guerra do Rif emigrou en 1922 a Buenos Aires, onde comezou a traballar no sector comercial. Trabou contacto cun grupo de galeguistas onde estaban Eduardo Blanco Amor, Ramón Suárez Picallo, José Benito Abraira, Lino Pérez e Rodolfo Prada. Formou parte de El Hogar Gallego, e comezou a participar na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.
En 1931 participou na creación do Partido Galeguista na Arxentina, do que foi secretario. En 1934 entrou a traballar nun laboratorio farmacéutico e trasladouse a Montevideo. Participou nos inicios da Irmandade Galeguista do Uruguai con Antón Crestar e da Casa de Galicia do Uruguai. Aliñado co goberno democrático republicano, colaborou en diversos xornais e en sociedades de recadación de fondos para o mantemento do exército e da resistencia republicana. En 1940 ingresou na masonería.
En 1956 participou no primeiro Congreso da Emigración Galega, que se celebrou en Buenos Aires e que tivo como presidente a Xesús Canabal, compañeiro seu da emigración uruguaia e tamén de masonería. Canda el e Alfredo Somoza impulsou as emisións radiofónicas Sempre en Galicia (1950), e o Patronato da Cultura Galega de Montevideo (1968). Manuel Meilán xogou un papel moi destacado no nacemento do programa, pois grazas á amizade que tiña cun dos propietarios, conseguiu que Radio Carve albergase o programa. Dirixiu o programa ata a súa morte, en 1994.
Recoñecementos En 1987 recibiu a Medalla Castelao.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Medallas Castelao Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1994