Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Traxectoria Traballou como auxiliar administrativo interino na Junta de Obras del Puerto de Vilagarcía de Arousa. Participou da actividade cultural de Vilagarcía e foi amigo de Aquilino Iglesia Alvariño, Celestino Noya ou Luís Viñas Cortegoso.O faiado da memoria, Aquilino e Daniel Colaborou nos xornais La Noche, El Correo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia, e nas revistas Vida Marítima, La Estafeta Literaria e Revista de Economía de Galicia. En 1975 participou na Asemblea Democrática de Arousa.La Voz de Galicia, Arousa, 2-7-2000, p. 6.

Obras Plan Comarcal Compostela. Jesús el Gallego y otros relatos.

Recoñecementos Recibiu o Premio Pérez Lugín polos seus artigos literarios na prensa diaria e o Premio Enrique Lorenzo. Recibiu a Medalla Castelao en 1987.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Pequena biografía en Xornalistas na Historia de Vilagarcía de Arousa

Categoría:Xornalistas de Vilagarcía de Arousa Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes