O chamado Tratado de París de 1947 é un tratado internacional que foi asinado na cidade do devandito nome o día 10 de febreiro de 1947, por representantes das seguintes nacións: Por unha banda, os aliados, vencedores na segunda guerra mundial: Unión Soviética, Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Polonia, Iugoslavia, Checoslovaquia e Grecia. E, pola outra, os antigos aliados de Alemaña no seo do Eixo (pero non a propia Alemaña): Italia, Romanía, Hungría, Bulgaria e Finlandia.
O Tratado pretendía resolver parte dos conflitos territoriais existentes en Europa, á vez que desfacer as mudanzas fronteirizas creadas pola Alemaña nazi durante a guerra.
Por parte francesa, o diplomático e político Maurice Couve de Murville xogou un papel destacado nas negociacións.
Transferencias territoriais Bulgaria: O Tratado confirmaba a súa posesión da Dobruia meridional. Retornaba os territorios a beiras do mar Exeo que ocupara a Grecia durante a guerra.
Francia: Adquiría de Italia: os pequenos territorios da Tende e La Brigue, que incorporou ao departamento de Alpes Marítimos. a Vallée Étroite, unha minúscula rectificación fronteiriza que incorporou ao departamento de Altos Alpes.
Grecia: Recuperaba os territorios setentrionais que durante a guerra estiveran semetidos á ocupación de Bulgaria. Adquiría de Italia as illas do Dodecaneso.
Italia cedía os seguintes territorios: Tende e La Brigue, ademais da chamada Vallée Étroite, a Francia, Zadar, así como a maior parte de Istria (incluído o antigo Estado libre de Fiume), a Iugoslavia, e o arquipélago do Dodecaneso a Grecia. A totalidade do seu Imperio colonial.
Romanía recuperaba a Transilvania setentrional que cedera a Hungría con motivo dunha arbitraxe efectuada por Hitler, cedía Besarabia e Bucovina á Unión Soviética.
Ligazóns externas (en inglés) Texto do tratado
Paris, 1947 Categoría:1947