Sri Lanka (támil: இலங்கை , cingalés: ශ්රී ලංකා ), antigamente Ceilán, é un país insular asiático, localizado ao largo da extremidade sur do subcontinente indio. Ten costas no golfo de Bengala ao leste, océano Índico ao sur e oeste e estreito de Palk ao noroeste, que o separa da India. A capital é Colombo.
Historia Antigüidade e Idade Media miniatura|esquerda|A fortaleza da rocha de Sigiriya, construída no século V, é hoxe Patrimonio da Humanidade. Os habitantes prehistóricos de Sri Lanka foron os veddahs. Os cingaleses chegaron á illa no século IV a. e. c., probabelmente da parte norte da India, e desenvolveron unha civilización con cidades como Anuradhapura e Polonnaruwa.
A poboación támil da parte sur de India tamén chegou á illa pero descoñécese a época, o modo e a cantidade. No século XIII, houbo unha sociedade támil no norte e moitas comunidades pesqueiras ao longo da costa norte da illa. Os támiles desenvolveron unha cultura e unha política distintas ás dos cingaleses. As relacións entre estes dous pobos sempre foron complexas, entre guerras e cesamentos do lume e invasións en ambos os sentidos.
O budismo introduciuse na illa no século III a. e. c. O budismo forxou unha nova civilización en Sri Lanka tras a chegada do Arahat Mahinda Thera, fillo do emperador Asoka, quen gobernaba o Imperio Magadha na India. Devanampiya Thissa, o rei na época da chegada de Mahinda Thera, abrazou o budismo e facilitou o seu desenvolvemento coa construción de templos ao longo do país.
Os gobernantes do sur de India, maiormente descendentes dos támiles, atacaron Sri Lanka varias veces dende o século III a. e. c. Ocasionalmente, esas invasións daban como resultado a instauración dun goberno támil na parte setentrional da illa durante algún tempo. En sentido contrario, varios reis cingaleses retomaron a capital e repregaron a invasión támil.
Colonización europea miniatura|Escudo colonial do Ceilán británico. No ano 1505 presentouse unha frota portuguesa baixo as ordes de Lourenço de Almeida. A capital fixouse logo en Sri Jayewardenepura (Kotte) cando as rexións costeiras foron ocupadas polos portugueses no século XVI. En 1517, outro portugués, Lopes Soares de Albegaria, obtivo do rei de Kotte permiso para fundar unha colonia.
A dominación dos portugueses foi longa, até a chegada en 1602 da expedición neerlandesa de Joris de Spielleag. Os neerlandeses lograron fundar unha colonia en Kottiar, pero foron expulsados polos portugueses. Unha nova expedición neerlandesa destruíu en 1638-1639 os fortes portugueses ao leste da illa e aos poucos foi conquistando todo o territorio.
Foron ocupadas as liñas costeiras por parte destes países, o interior da illa mantívose independente, coa súa capital na cidade de Kandy.
Os británicos tamén estiveron interesados en controlar a illa, enviando en 1763 dende Madras (India) unha embaixada ao rei de Kandy, sen obter ningún resultado. Logo intentárono novamente a través de Monroe, quen en 1782 apoderouse de Trincomalee, territorio que pouco despois foi conquistado polos franceses e restituído aos Países Baixos. En 1795, outra expedición británica, baixo as ordes de Stewart, chegou de Madras e volveu ocupar Trincomalee. Máis tarde, fixeron o mesmo con Jaffna, Kalpitaya, Nigamuva e Colombo, expulsando destes territorios aos neerlandeses.José Saínz Ramírez: "Imperios Coloniales", editorial Nacional, 1942, Madrid. Toda a illa foi ocupada polo Imperio Británico en 1796 segundo as cartas de Kew e converteuse oficialmente nunha colonia en 1802, a través da Paz de Amiens, adoptando o nome de Ceilán (Ceylon en inglés) e anexionándose á presidencia de Madras.
Entre 1817 e 1848 producíronse diferentes sublevacións que foron severamente reprimidas. A última delas, que foi a máis sanguenta, estivo promovida polos budistas inimigos do goberno de lord Torrington. Os sublevados foron aniquilados case na súa totalidade.
Independencia miniatura|dereita|A cerimonia formal que marcou o inicio do autogoberno completo do país, o 2 de outubro de 1947, celebrada no Salón conmemorativo da Independencia. Ceilán adquiriu a súa independencia en 1948. En 1972 cambiou o seu nome a Sri Lanka e pasou a ser unha república, cortando os seus últimos lazos con Gran Bretaña.La Vanguardia Española, 23 de maio de 1972. En 1978, a capital lexislativa e xudicial foi mudada de Colombo a Kotte. Tamén se cambiou a bandeira, acollendo unha representación das poboacións minoritarias támil e musulmá (barras laranxa e verde do costado esquerdo da bandeira).
As tensións entre a maioría cingalesa e a minoría támil empezaron en 1983, despois do asasinato de 13 soldados do exército de Sri Lanka en Jaffna. Este feito provocou revoltas en todo o país e a morte de centos de támiles en tan só tres días; moitos deles convertéronse en refuxiados. Decenas de miles de habitantes morreron en ambos os bandos durante a guerra étnica que leva marcando a historia deste país.
Asinouse un cesamento do fogo en decembro de 2001. Noruega actuou como mediadora do proceso de paz. A LTTE foi declarada un movemento terrorista polos Estados Unidos, o Reino Unido, Australia, Italia, a India e o Canadá, dentro da loita mundial antiterrorista que se iniciou nese ano. Esta situación contribuíu a que devandito movemento aceptase un cesamento do fogo.
Os efectos do tsunami de decembro de 2004 foron moi severos. As costas sur e leste do país foron devastadas, decenas de miles de persoas faleceron e un importante número ficou desprazado.
Véxase tamén: Terremoto do Océano Índico de 2004.
O 21 de abril de 2019 Sri Lanka sufriu o peor ataque terrorista da súa historia, nos cales perderon a vida 290 persoas nunha cadea de atentados en catro hoteis de luxo e en tres igrexas.
Dende 2021 o país atravesa unha crise económica por mor da pandemia de covid-19 e o mal manexo económico do país, que causou unha crise de liquidez, unha escaseza de bens de consumo e un xeneralizado sentimento de malestar. Esta situación desembocou no asalto ao palacio presidencial e a dimisión do presidente e o primeiro ministro en 2022.Las protestas masivas por la crisis económica fuerzan la dimisión del presidente y del primer ministro en Sri Lanka (9 de xullo de 2022). El País.
Política
O presidente da república elíxese por votación popular para un mandato de seis anos, e ocupa as funcións de xefe de Estado, xefe de goberno e comandante en xefe das Forzas Armadas. Responsable ante o Parlamento do exercicio dos seus deberes constitucionais, o presidente pode ser destituído por dous terzos do poder lexislativo e por decisión favorable da Corte Suprema.
O presidente elixe ao primeiro ministro entre os deputados, e este lidera ao partido do goberno no Parlamento e comparte algunhas funcións executivas. O sistema lexislativo de Sri Lanka é unicameral, con 225 membros elixidos por sufraxio universal. Os parlamentarios representan os distritos do país durante seis anos.
O partido que recibe o maior número de votos válidos en cada distrito electoral, gaña o escano no Parlamento. O presidente pode convocar o Parlamento para unha sesión extraordinaria, para definir a disolución da cámara, como foi o caso da disolución do parlamento o 7 de febreiro de 2004 pola presidenta Chandrika Kumaratunga, as novas eleccións foron o 2 de abril, e a toma de posesión dos novos deputados foi o 23 dese mes.
Subdivisións
A illa está dividida administrativamente en 9 provincias:
Central Central do Norte Norte Leste Noroccidental Sáharagamuwa Sur Uva Occidental
Xeografía 350px|esquerda|miniatura|Mapa do Sri Lanka. A illa de Sri Lanka está separada da India polo golfo de Mann e o estreito de Palkia, pero queda enlazada ao continente mediante un rosario de arrecifes e bancos de area chamado Ponte de Adams. A estrutura xeolóxica da illa emparéntase estreitamente coa do subcontinente indio: o zócolo Precámbrico, constituído de cuarcitas, gneis, xistos e calcarias cristalinas, é parte integrante do escudo araboindi e aflora por toda a illa, coa excepción da península de Jaffna, ao norte, onde desaparece baixo unha cobertura sedimentaria de calcarias miocénicas. O zócolo dá orixe a un extenso núcleo montañoso no sector meridional da illa, con enérxicas cristas (constitúen as máximas altitudes: Pidurutalagala, 2.524 metros; Adams Peak, 2.243 metros) e vales profundamente encaixadas, onde nacen os principais cursos de auga da illa. Entre este núcleo montañoso do sur e a área Miocenonica do norte, caracterizada por un tipo de relevo cárstico, disponse un sector de transición, que ocupa todo o Sri Lanka central, cunha paisaxe de pequenas chairas e relevos residuais modestos. As chairas costeiras son especialmente desenvolvidas ao oeste e ao sur, con numerosas lagoas e cordóns litorais; ao norte e ao leste, a costa faise máis abrupta.
Economía
Economía durante a colonización dos países europeos miniatura|Moeda real de a 8 española utilizada pola Compañía Holandesa en Ceilán. Durante os períodos de ocupación e colonialismo por parte dos diferentes países europeos, a fráxil e débil economía da illa permitiu a circulación de diferentes moedas estranxeiras. Para legalizar dita práctica estas pezas eran contramarcadas con diferentes siglas ou signos. Cando a illa foi ocupada polos neerlandeses, na localidade de Galle marcáronse as moedas dobres e simples tangas portuguesas co obxectivo de elevar o seu valor por 10 e 5 stuivers respectivamente. Tamén se contramarcaron as moedas persas que había na illa, permitindo así a súa circulación legal. Desta maneira o gran abassi de 5 shahi valeu 22 ½ stuivers, o abassi de 4 shahi; 18 stuivers e o ½ abassi; 9 stuivers. Cando en 1658 os holandeses ocuparon a vila portuguesa de Jafna, marcaron os dobres e simples tangas co obxectivo de asegurar a súa circulación. A primeira gran contramarca que se utilizou en todo o territorio foi a empregada pola Compañía das Indias Orientais Neerlandesas (Van Verre Ostindische Compagnie: V.O.C.) cara aos anos 1783-1808. Ademais da sigla V.O.C., esta contramarca tamén contiña a letra C, que facía referencia ao nome da illa. Existen reais de a 8 españois, táleros de María Tareixa I de Austria e 5 francos de Napoleón con esta curiosa marca. Logo da ocupación neerlandesa, os británicos volveron invadir a illa. Crese que eles volveron contramarcar moedas, pero non existen probas de que empregasen as mesmas marcas que iñantes.José Antonio de la Fuente: "La plata de la Nao de China". Museo de Arte Oriental de Salamanca, editorial comercial Segovia (2008).
Nos séculos XIX e XX, Sri Lanka chegou a ser unha economía de plantación, famosa pola súa produción e exportación de canela, o caucho e té de Ceilán, que ficou como unha marca rexistrada da exportación nacional. O desenvolvemento de portos modernos baixo o goberno británico aumentou a importancia estratéxica da illa como centro do comercio. Durante a segunda guerra mundial, a illa contou con instalacións militares importantes das forzas Aliadas. Porén, a economía de plantacións agravou a pobreza e a desigualdade económica.
Economía dende a independencia Dende 1948 até 1977 o socialismo influíu totalmente nas políticas económicas do goberno. As plantacións coloniais foron desmanteladas, as industrias foron nacionalizadas e estabeleceuse un estado benfeitor. Namentres o nivel de vida e a capacidade de ler e escribir melloraron apreciabelmente. Pero malia a guerra, o produto interior bruto do país creceu case un 5 % ao ano nos últimos 10 anos e as políticas de desenvolvemento fixeron con que o PIB crecese case un 7 % ao ano entre 2006 e 2008.