miniatura|180px|Unha Aplysia fasciata e unha parella de A. punctata . A dos gasterópodosgasterópodos no diconario da RAG. (Gasteropoda), ou gastrópodos (Gastropoda), é unha clase de animais pertencentes ao filo dos moluscos, de vida acuática ou terrestre, que xurdiron a principios do cámbrico e que hoxe están estendidos por todos os continentes e océanos ocupando tamén charcas, correntes de auga doce e lugares onde hai unha cantidade suficiente de humidade.

Este grupo contén un moi extenso número de especies descritas, ocupando o segundo lugar neste aspecto tras os insectos. Hai 611 familias de gasterópodos, das que 202 están extintas e só aparecen no rexistro fósil.Bouchet, P. & Rocroi, J.-P., eds. (2005): "Classification and nomenclator of gastropod families". Malacologia: International Journal of Malacology, 47(1-2). ConchBooks: Hackenheim. ISBN 3-925919-72-4.

A clase dos Gastropoda (anteriormente coñecida como univalvos, e ás veces denominada Gasteropoda) constitúe unha parte moi importante do filo dos moluscos, e é a clase máis diversificada deste filo, con de 60 000 a 80 000 especies. A clase comprende cerca dunhas 15 000 especies fósiles e ao redor de 40 000 vivas,Hickman, C. P., Roberts, L. e Larson, A. (2001): Integrated Principles of Zoology, 11ª edición. Nova York: McGraw-Hill, páx. 333. das cales as máis coñecidas son os caracois, os cornos, as bucinas, as lapas, as lesmas, as patelas, as borrachas, os caramuxos e as peneiras.

O tamaño dos membros deste grupo é moi variable, xa que vai dende formas microscópicas ata especies de gran tamaño como Pleuroploca gigantea duns 60 cm de longo, ou algúns dos individuos do xénero Aplysia que poden chegar a acadar 1 m de lonxitude. A meirande parte dos gasterópodos miden entre 1 e 8 cm de lonxitude, e existen fósiles que acadan os 2 m.

Presentan cefalización cunha verdadeira cabeza, un pé musculoso ventral e unha cuncha dorsal, polo miúdo polícroma que pode reducirse ou até perderse nos gasterópodos máis evolucionados.

Características xerais miniatura|380px|Anatomía dun molusco (caracol). 1-cuncha, 2-figado, 3-pulmón, 4-ano, 5-poro respiratorio, 6-ollo, 7-tentáculo, 8-ganglios cerebrais, 9-conduto salivar, 10-boca, 11-, 12-glándula salivar, 13-poro xenital, 14-pene, 15-vaxina, 16-glándula mucosa, 17-oviduto, 18-saco de dardos, 19-pé, 20-estómago, 21-ril, 22-manto, 23-corazón e 24-vasos deferentes. Unha característica típica dos gasterópodos é a organización asimétrica do corpo xa que, aínda que presentan simetría bilateral, na fase de larva velixer sofren unha torsión e a súa masa visceral convértese en asimétrica. Polo tanto, en xeral, o corpo dos gasterópodos aparece asimétrico, coa cabeza diferenciada. Dorsalmente á boca existen de ordinario un ou máis pares de tentáculos cefálicos e, en posición lateral á boca, pode haber palpos labiais. O pé, musculoso e situado ventralmente, presenta morfoloxías diferentes segundo os grupos: alongado, aplanado ou moi reducido. Entre as pregaduras marxinais do manto e o pé persiste un suco (suco paleopedio), que é máis ou menos profundo en correspondencia cos órganos respiratorios, o orificio anal e os orificios nefridiais. A cavidade paleal (ausente nos nudibranquios) comunica máis ou menos amplamente co exterior. Nalgúns prosobranquios o bordo da cavidade paleal que contén as branquias prolóngase e forma unha lámina enrolada, a xeito de cornete, que se denomina sifón.VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4., p. 257.

A cuncha

Dun xeito xeral a estrutura da cuncha pódese dividir en 3 capas: Periostraco: que é a capa externa e protectora que envolve a cuncha composta por conquiolina e é segregada polo pregue do bordo do manto. Ostraco: capa constituída basicamente por dúas capas de cristais prismáticos de carbonato cálcico. A capa máis externa está formada por cristais hexagonais dispostos a modo de columnas sobre unha capa máis interna formada por placas alongadas e dispostas alternativamente para acadar a máxima firmeza. Hipostraco: e unha capa formada por múltiples láminas horizontais formadas por aragonita e tamén por calcita segregadas polo manto.

A cuncha dos gasterópodos cando existe é sempre univalva, a diferenza do que acontece con outros grupos como os bivalvos que presentan dúas.

miniatura|125px|Cuncha de Zonitoides nitidus, con torsión dextroxira. Arriba: visión dorsal, posición espiral Centro: visión ventral Abaixo: visión basal, posición umbilical.

Os primeiros gasterópodos que xurdiron no noso planeta tiñan a cuncha cónica, como se fose un sombreiro chinés. Estes seres pertencían a orde dos Cinostracos e só temos fósiles deles. A medida que a punta da cuncha foi crecendo esta foi enrolándose, posiblemente para poder manter o equilibrio e formaron os individuos da orde dos Cocleostracos. Estes gasterópodos tiñan simetría bilateral xa que aínda non sufriron a torsión. En conxunto estes dous grupos pertencen ao grupo dos Protogasterópodos e sobreviviron até o pérmico. Nos que seguiron a estes gasterópodos primitivos a cuncha formará un típico cono enrolado arredor dun eixe central en forma de espiral. As maioría das cunchas adoitan estar enroladas cara á dereita e por iso levan o nome de dextroxiras, só algunhas poucas están enroladas cara á esquerda outorgándoselle o nome de levoxiras. esquerda|miniatura|Larva trocófora de Haliotis asinina con anterioridade á torsión.

A cuncha forma un longo tubo enrolado que ten un eixe central chamado columela. A apertura da cuncha está delimitada por dous labios : o externo e o interno que polo miúdo están decorados con dentes e nalgúns casos coa apertura dunha canle sifonal que intervén na entrada e saída de auga ao interior da cavidade paleal. ´É frecuente que estes animais teñan unha estrutura a modo de tapadeira chamada opérculo que serve para protexelos no interior da cuncha no caso, por exemplo, de que exista a ameaza dun depredador.

O extremo da parte posterior da cuncha leva o nome de protocuncha que resulta ser a cuncha embrionaria a partir da cal se formou o resto do individuo. A miúdo ten unha forma e un ornamento diferente á cuncha dos adultos.

Exteriormente as voltas da espiral (que levan o nome de espiras) están unidas por unha xuntura chamada sutura. Ás veces as paredes do tubo non se tocan e deixan no interior unha canle oca que pode verse na base da cuncha e que leva o nome de embigo ou umbo. As cunhas que teñen as espiras no mesmo plano chámanse planospirais e son características dos gasterópodos espiralizados máis primitivos, pero isto causaba algúns problemas xa que a última volta acadaba un gran tamaño. Logo xurdiron as conispirais nas que cada espira da cuncha está algo por debaixo da precedente acadando así unha estrutura máis compacta e un menor tamaño pero xeraba unha repartición desigual do peso da cuncha. Para solucionar isto balanceouse a cuncha, inclinándoa cara ao lado oposto e cara a atrásLos gasterópodos; caractarísticas generales en Asturnatura.com

Torsión miniatura|Protocuncha de Haliotis asinina cando a torsión xa é completa. A característica máis representativa dos gasterópodos e que ademais serve para diferencialos dos outros grupos de moluscos é a de que a masa visceral xirou 180º dentro da cuncha. Esta torsión prodúcese no estado de larva velixer e produce un drástico cambio na disposición das estruturas no interior do corpo. Así, antes da torsión, a cavidade paleal que contén as branquias e o ano, é posterior, pero logo da torsión pasa a ser anterior. Os nervios das vísceras e os ganglios que tiñan unha forma de asa sinxela despois do xiro pasan a ter unha forma de oito producíndose, polo tanto, un cruzamento dos mesmos.

A razóns polas que se produce a torsión son complexas e aínda non existe unha explicación totalmente satisfactoria, pero probablemente este xiro supón unha vantaxe para estes animais xa que así poden retraer o velo dentro da cuncha e deixarse caer ao fondo se é perseguido por algún depredador.

Por outra banda, a torsión, tamén supón desvantaxes como o feito de que o ano é levado xusto enriba da cabeza, co que o animal corre o risco de contaminar os órganos respiratorios e algúns dos órganos dos sentidos que hai nela.

O xiro adoita acontecer en dúas fases: 90 º e 180 º. O xiro completo pode durar uns poucos minutos o máis tempo. Nalgunhas especies como a peneira (Haliotis sp.) a torsión faise en dous tempos: a primeira parte do xiro acostuma durar tan só uns minutos e vai até os 90 º, e logo acontece un segundo xiro moito máis lento ata os 180º Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª edición. Madrid: Ed. Pirámide, Madrid, pp. 327-331. ISBN 84-368-0316-7.

Anatomía interna miniatura|esquerda|Debuxo do aparato dixestivo do carnívoro Schizoglossa novoseelandica. 1-2 – Masa bucal, 1 - Boca, 2 - Farinxe, 3 – Músculos retractores da farinxe 4 – Glándulas salivares, 5 – Conduto salivar, 6 – Esófago e estómago, 7 - Inpestino, 8 – Condutos hepáticos.

Aparato dixestivo

O aparato dixestivo dos gasterópodos foi, ao longo da súa evolución, adaptándose a diversos tipos de dietas nos diferentes grupos, así temos que existen individuos carnívoros, herbívoros, preeiros, depredadores, filtradores, e incluso parasitos. miniatura|dereita|200px|Diagrama no que se amosa a rádula en vista transvesal da cavidade bucal dun gasterópodo As partes principais dos sistema dixestivo dos gasterópodos son as seguintes: A masa bucal (incluíndo a boca, farinxe, e os músculos retractores da farinxe) e as glándulas salivares, cos condutos salivares. O esófago. O estómago, tamén coñecido como bolsa gástrica. A Glándula dixestiva, tamén coñecido como o hepatopáncreas. Intestino. Recto e o ano.

As dúas características máis distintivas do aparello dixestivo destes animais son: a rádula e o papel que desenvolve en cada tipo de alimentación específica, e a torsión que se produciu no animal que fai que o ano se atope xusto enriba da cabeza. As adaptacións son moi variadas e son dende arpóns, branquias para a filtración, redes de mucus para atrapar presas, ou estruturas para a perforación ou altamente modificadas para o parasitismoBarnes Robert D. (1982): Invertebrate Zoology Philadelphia, USA: Ed. Holt-Saunders International, pp. 348–364. ISBN 0-03-056747-5.

A parte anterior do tubo dixestivo pode modificarse nunha probóscide extensible que contén a rádula. A rádula é unha cinta dentada de quitina que serve para raspar ou cortar os alimentos e así facilitar a súa entrada no esófago.

dereita|miniatura|200px|Estrutura xeral dos ganglios dun gasterópodo. Na maioría das especies, o cerebro fúndese nun só órgano, de seis lóbulos.

Sistema nervioso O sistema nervioso está ben desenvolvido. Conta cun anel periesofáxico no que hai 3 pares de ganglios conectados por cordóns nerviosos principais e con pequenos nervios periféricos ramificados. Os ganglios da área cerebral son os seguintes: Ganglios cerebrais (2): situados na rexión dorsal, en ocasión deles saen 2 ganglios bucais. Ganglios pleurais (2): situados lateralmente. Ganglios pedais (2): situados na rexión ventral. Dos ganglios pleurais e cara a rexión posterior saen 2 cordóns nerviosos nos que se pode detectar a pegada deixada pola torsión que sufriu o animal, xa que pódense atopar cruzados. Sobre eles encontramos outros dous tipos de ganglios: Ganglios parietais (2) Ganglios viscerais(2) dereita|miniatura|200px|Rinóforos de Aplysia californica.

Órganos dos sentidos

Os gasterópodos carecen do sentido da audición e os seus órganos dos sentidos son moi variados. Entre eles podemos distinguir os seguintes: Rinóforos: son ós órganos sensoriais máis importantes nos gasterópodos e se atopan na punta dos 4 tentáculos. Son órganos olfactivos que serven para detectar determinadas substancias químicas no ambiente que rodea ao animal. Osfradios: