San Marino é un estado de 61,5 km² de superficie, o que o converte no segundo estado máis pequeno de Europa. Posúe preto de 30.000 habitantes (29.973 estimados en 2008), tendo así unha densidade de poboación de 489 hab./km².
A poboación, composta basicamente por sanmarineses nativos e italianos, segue unha tendencia de crecemento: no primeiro censo de 1864 a poboación era de 7.080, no segundo (1874) de 7.464, no terceiro (1899) de 9.359, no cuarto (1947) de 12.100 e no quinto (1976), de 12.284. Os sanmarineses que residen no estranxeiro son preto de 17.000 mentres que os estranxeiros que residen en San Marino son 1.000, aproximadamente.
Datos demográficos Tódolos datos demográficos que se amosan a continuación corresponden a estimación do ano 2005.
Estrutura da poboación por franxa de idade 0-14 anos: 16,7% (homes: 2.482; mulleres: 2.328) 15-64 anos: 66,5% (homes: 9.255; mulleres: 9.943) 65 anos ou máis: 16,9% (homes: 2.106; mulleres: 2.766)
Idade media Homes: 39,91 anos Mulleres: 40,65 anos Conxunto da poboación: 40,29 anos
Taxa de crecemento da poboación: 1,3% Taxa de natalidade: 10,18 /1.000 hab. Taxa de mortalidade: 8,07 /1.000 hab. Taxa de fertilidade: 1,33 Taxa de mortalidade infantil Homes: 6,16 /1.000 nacidos vivos Mulleres: 5,26 /1.000 nacidos vivos Conxunto da poboación: 5,73 /1.000 nacidos vivos
Expectativa de vida ao nacer Homes: 78,13 anos Mulleres: 85,43 anos Conxunto da poboación: 81,62 anos
Estrutura da poboación por xénero (estimativa de 2005) Ao nacer: 1,09 Homes/1 Muller Menos de 15 anos: 1 Homes/1 Muller Entre 15 e 64 anos: 0,93 Homes/1 Muller Máis de 64 anos: 0,76 Homes/1 Muller Conxunto da poboación: 0,92 Homes/1 Muller
Relixión: Católica: 88,7% Pentecostais: 1,8% Outras: 9,5% (ano 2000)
Linguas: Italiano Emiliano-romañolo
Fóra do territorio Existen hoxe cerca de 17.000 sanmarineses que residen no exterior, a maioría en Italia, basicamente nas rexións de Emilia Romagna e As Marcas. Esa cifra eleva, desa maneira, o número de cidadáns sanmarineses a case 45.231. Toda comunidade de residentes no exterior debe obter o recoñecemento xurídico do Consiglio dei XII. Actualmente son 6.695 os sanmarineses inscritos polas varias comunidades espalladas polo mundo. A maior delas é a de Detroit que ten preto de mil inscritos.
Estranxeiros en San Marino Os estranxeiros constitúen 15% da poboación de San Marino. Deses, o 10% son italianos.
Concello (Castello) EstranxeirosSan Marino612Acquaviva351Borgo Maggiore972Chiesanuova205Domagnano450Faetano180Fiorentino318Montegiardino114Serravalle1.800TOTAL5.002
Véxase tamén Outros artigos San Marino
Ligazóns externas Departamento de Programación Económica, Centro de Elaboración de Dados e Estatística
Categoría:Demografía de San Marino