A bandeira de Mónaco está formada por dúas franxas horizontais do mesmo tamaño, de cor vermella a superior e branca a inferior, cores heráldicas da Casa de Grimaldi dende polo menos o ano 1339. Mónaco usou unha bandeira como a actual bandeira de Estado pero na que figuraban as versións anteriores do escudo de armas que foi utilizado practicamente dende a fundación do principado (salvo durante o período en que estivo anexionado a Francia de 1793 a 1814). A versión actual da bandeira nacional foi adoptada o 4 de abril de 1881. Existiu un estandarte composto polo "losanxe" coas cores da Casa de Grimaldi (en terminoloxía heráldica "losanxe de prata e goles") moi usado durante o século XVII.

Outras bandeiras Bandeira de Estado A bandeira de Estado de Mónaco é de cor branca, as proporcións da súa anchura e lonxitude son de 2:3. No centro da bandeira figura o escudo de Mónaco. Esta bandeira ten poucos usos respecto doutros países: Ízase no palacio do Príncipe, nalgunhas dependencias gobernamentais e como estandarte do Príncipe cando accede ao seu barco.

Estandarte do Príncipe O estandarte do Príncipe é de cor branca e as súas dimensións son de 3:4 ou 5:6 se se usa con flocos. No centro figuran a coroa do Príncipe (que é unha coroa real) e dúas letras opostas que reproducen a inicial do nome de cada príncipe soberano.

Galería de imaxes

Bandeiras semellantes Excepto polas súas proporcións, a bandeira de Mónaco é idéntica ás bandeiras de Indonesia e do estado alemán de Hesse, aínda que ámbalas dúas son máis longas. Tamén é semellante á bandeira de Singapur, a cal ten ademais unha lúa crecente e cinco estrelas na parte superior esquerda, á de Polonia e á do estado alemán de Turinxia, estando nestas últimas dúas as cores invertidas.

Véxase tamén Outros artigos Escudo de Mónaco Bandeira de Indonesia Bandeira de Singapur Bandeira de Polonia

Ligazóns externas

Explicación do uso dalgunhas bandeiras monegascas Bandeira de Mónaco en World Flag Database

Categoría:Símbolos de Mónaco Monaco Mónaco