Segundo a mitoloxía grega, Pandora (que significa doadora ou portadora de todo, chea de virtudes) foi a primeira muller,Segundo Hesíodo, a primeira muller á quen os deuses deron forma (Hesíodo: Teogonía I, 7, 2). creada por Hefesto e Atenea por mandado de Zeus coma castigo para a raza humana.
Prometeo, que xa creara o primeiro home de arxila, reveláralle o segredo do lume á humanidade e colleu o lume divino para llo entregar ós homes (ben do carro de Helios, ben da forxa de Hefesto), levándoo nunha cana oca.Cómpre advertir que este relato presupón unha humanidade, á que axudou Prometeo, formada só por homes. Indignado, Zeus advertiu así a Prometeo:
miniatura|Pandora abrindo a caixa (John Gibson) Creación de Pandora Encargoulle a Hefesto que moldeara con arxila unha figura de muller á imaxe das deusas, e o resto dos deuses olímpicos colaboraron na obra concedéndolle cadansúa calidade: Atenea vestiuna, as Grazas enxoiárona, as Horas cubrírona de flores, Afrodita deulle a súa beleza e así, a habilidade manual, a capacidade de persuasión etc. O último foi Hermes, que lle conferiu a mentira, a maldade, o carácter voluble e a falta de intelixencia. Para Hixino (Fábulas 142), foi creada por Vulcano (Hefesto) e Minerva (Atenea) doulle a vida, e despois os resto dos deuses concedeulle un don.
Rematada a figura, Zeus insufloulle vida e enviou a Pandora á terra como regalo dos deuses á humanidade. Pese a que Prometeo lle ordenara ao seu irmán Epimeteo que non aceptase ningún presente de Zeus, de quen non se fiaba, Epimeteo, engaiolado pola beleza de Pandora, non lle obedeceu e casou con ela.
Hesíodo conta que Prometeo lograra capturar os males e encerralos nunha vasilla, máis propiamente unha xerra coñecida hoxe erroneamente como caixa de Pandora, cerrada para que nada escapara dela. Pero Pandora, chea de curiosidade por saber qué contiña a vasilla que o seu marido lle prohibira abrir, quitou a tapa e saíron todos os males para esparexerse pola Terra. Só quedou dentro a Esperanza, no fondo, pois Pandora conseguiu pechar a xerra, aínda que tarde. Outras fontes din que foi Pandora quen traía a ánfora e que a abriu en canto pisou a terra.
Existe tamén a tradición contraria: a vasilla traída por Pandora como regalo de Zeus en realidade tiña os bens e tratábase dun regalo de voda de Zeus para Epimeteo. Cando Pandora a abriu, escaparon todos para regresar ó Olimpo, excepto a esperanza.
En calquera caso, os homes quedaron con tódolos males e só conservaron o pobre consolo da esperanza. Por iso dicimos que "a esperanza é o último que se perde".
miniatura|Pandora abrindo o seu cofre (Waterhouse, 1896)
Epimeteo e Pandora tiveron unha filla, Pirra, que casou con Deucalión, fillo de Prometeo. Ámbolos dous foron as únicas persoas que sobreviviron ao diluvio que Zeus mandou sobre a humanidade para destruír a raza de bronceSegundo Psdudo-Apolodoro (I, 7, 2), tamén se salvaron uns poucos que se refuxiaron nos cumios das montañas., na versión grega do diluvio universal, e posteriormente volveron crear homes e mulleres para repoboar a terra.
Iconografía O atributo característico de Pandora na arte é unha xerra ou, modernamente, unha caixa ou cofre. E os momentos representados son o da súa creación (ou nacemento) e o momento no que abre a caixa e escapan os males.
A figura de Pandora foi pouco tratada na iconografía antiga, e concéntrase case toda na Atenas do século V a. C., momento en que Sófocles publica a súa traxedia Pandora.
Pero rexurdirá con forza no Renacemento, quizais pola semellanza do mito de Pandora con Eva. Así, Cousin pinta Eva prima Pandora (1549), representando a Pandora recostada, case espida, xunto a dúas xerras e apoiada nunha caveira. A partir de entón numerosos pintores recollen a imaxe, desde Velázquez (Os deuses colman de regalos a Pandora) ó prerrafaelista Waterhouse.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía CARMONA MUELA, Juan: Iconografía clásica. Guía básica para estudiantes. Akal/Istmo, 5ª ed, 3ª reimpr. 2018. ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
Categoría:Mulleres na mitoloxía grega