A autovía Monforte de Lemos - Chantada ou A-72 é unha autoestrada en proxecto, para conectar as dúas autovías A-56 e A-76 entre a cidade de Monforte de Lemos, pola que transcorre a A-76, e a vila Chantada, pola que transcorre a A-56, na provincia de Lugo.Ministerio de Fomento
Trazado
Está planificada no novo plan PITVI (2012-2024) para conectar as futuras autovías A-76 (Autovía Ponferrada-Orense) e A-56 (Autovía Lugo-Orense), desdobrando parte do percorrido do actual corredor galego CRG-2.1 (Lalín-Chantada-Monforte), para unha vez posta en servizo, transferir a titularidade ao Ministerio de Fomento.
O tramo supón unha redución de combustible, debido a que o proxecto evita grandes desniveis como o porto de Pedrafita do Cebreiro, nos traxectos A Coruña/Ferrol/Lugo ↔ Ponferrada/Xixón/Madrid, vía Monforte (A-54, A-56 e A-76), o que fai unha alternativa ideal á Autovía do Noroeste para o transporte de mercancías.Ministerio de Fomento
Eixe loxístico europeo
Esta infraestrutura é prioritaria nos plans loxísticos do Ministerio de Fomento e a Unión Europea para a interconexión de portos marítimos e o complemento da Autoestrada do Mar (Huelva-Ruta da Prata/Madrid/Cornixa Atlántica ↔ Xixón ↔ Nantes/Portsmouth), xa que supón parte do percorrido entre o porto da Coruña e o porto de Ferrol cara ao porto de El Musel en Xixón, dando sentido aos proxectados portos Secos de Monforte de Lemos e Ponferrada.BOE
Tramos Denominación Tramo Quilómetros Estado (2018) Monforte de Lemos - Chantada 36,7 Estudo informativo aprobado(DIA aprobada, pendente a licitación do proxecto)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de autoestradas e autovías de España
Categoría:Estradas da provincia de Lugo Categoría:Autovías do Estado en Galicia 72