Traballo social é unha profesión anteriormente coñecida como Asistencia Social. A definición adoptada na Reunión Xeral celebrada en Montreal, en xullo de 2000 pola FITS, e máis recentemente pola, Asociación Internacional de Escolas de Traballo Social (IASSW) é a seguinte:

O profesional encargado de exercer esta profesión é o Traballador Social, anteriormente coñecido como Asistente Social.

As funcións primordiais deste profesional, Traballador Social, son:

Detección, coñecemento e valoración das necesidades sociais e recursos existentes do municipio, a través da observación, atención da demanda e a investigación. Planificación e programación dos recursos e servizos necesarios para atender os problemas e necesidades detectados. Avaliación de problemas e derivación para a atención dos mesmos cara aos distintos servizos existentes cando así o requira o caso. Promoción da toma de conciencia polas comunidades e individuos dos seus problemas, facilitándolles a participación nas tarefas comunitarias, impulsando o asociacionismo e fomentando actitudes e conciencia solidaria. Promoción do desenvolvemento local a través de información e orientación individual e colectiva, así como apoio ós grupos portadores de iniciativas, negociación con empresarios, e tódalas accións que impliquen a incentivación socio-económica do municipio. Axuda á integración de individuos, familias e grupos que o precisen, favorecendo solucións de reinserción social, evitando situacións de marxinación e/ou exclusión social. Información, asesoramento, orientación e intervención técnica para resolución das situacións de necesidade e conflito a nivel individual e colectivo. Xestión e tramitación administrativa de recursos e prestacións.

Véxase tamén Ligazóns externas Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia USC - Escola Universitaria de Traballo Social

Categoría:Disciplinas académicas Categoría:Sociedade Categoría:Especialidades médicas