Plácido Ramón Castro del Río, nado en Corcubión o 25 de xaneiro do 1902 e finado en Cambados o 17 de xullo de 1967, foi un escritor, xornalista e tradutor galego. Foi unha figura destacada do galeguismo de entreguerras, así como un activo persoeiro da cultura galega na diáspora, durante a súa estadía no Reino Unido tras a Guerra Civil.
Traxectoria Era fillo de Plácido Castro Rivas e de Eufrasia del Río Recamán. Tivo unha irmá chamada Hermitas Castro, nove anos máis vellaCensus of England and Wales, 1911, republicado pola galicianista Kirsty Hooper na súa conta de twitter BooksonSpain (5/10/2013).. Cando tiña seis anos os pais trasladáronse ao Reino Unido, e en 1911 estaban establecidos en Cardiff. O pai era empresario do carbón, e naquela altura Gales era unha das grandes rexións mineiras da illa. No Reino Unido proseguiu os seus estudos, primeiro en Cardiff e posteriormente na cidade de Scarborough, onde estudou ata secundaria. Logo mudouse a Glasgow, onde estudou Arquitectura navalChío da investigadora Eva Moreda, 5/10/2013.Talvez de maneira errónea, diversas publicacións, tales que Galegos na Historia. Plácido Castro (Ir Indo, 1997) ou Plácido Castro e o humanismo, onte e hoxe (IGADI, 2015) mencionan que completou estudos de Filoloxía inglesa no canto dos de Arquitectura Naval. na universidade desa cidade entre 1918 e 1921. Tamén realizou estudos complementarios no Royal Technical College da mesma cidade. Durante esa etapa universitaria comezou o seu labor como tradutor. Esporadicamente visitaba Galicia, pasando temporadas na vila de Cambados, na cal participou en actividades culturais.Díptico publicado pola Fundación Plácido Castro, dependente da IGADI, e realizado por Xabier Camba Sanmartín e Luís Rei Núñez
Posteriormente asentouse en Londres, desde onde, en 1927, comezou a súa colaboración cos xornais El Pueblo Gallego e Informaciones, así como en publicacións próximas ás Irmandades da Fala, como A Nosa Terra e Céltiga.
Volta a Galicia En 1930 retornou a Galicia, e ao pouco empezou a colaborar coas Irmandades da Fala. En decembro de 1931 deveu membro da Asemblea Fundacional do Partido Galeguista, e foi votado para o Consello Permanente. O seu peso no Partido Galeguista era tal que, na III Asemblea (1933), foi o membro que máis apoios recibiu para as eleccións á executiva do partido, con 1.654 votos. miniatura|300px|19 de xuño de 1932. Nesta foto de grupo aparecen, entre outros: Ramón Villar Ponte, Fernández del Riego, Antón Villar Ponte, Plácido Castro, Otero Pedrayo, Ramón Rodríguez Somoza, Manuel Beiras, Manuel Lugrís, Castelao, Suárez Picallo, Carlos Maside e Alexandre Bóveda. No ano 1933 participou como representante de Galicia no IX Congreso de Nacionalidades Europeas celebrado en Berna, onde se considerou a Galicia como unha nación, o cal posteriormente serviu a Castelao para defender a condición nacional de Galicia.
A declaración institucionalSetembro de 1933: Galiza, unha nación en Europa presentouse en galego e en inglés, e nela declarouse:
En 1936, co levantamento militar contra a República, detivérono en Muxía e procesárono. Foi condenado á inhabilitación absoluta, ao desterro de máis de cen quilómetros de Muxía e a unha cuantiosa multa. A raíz disto, instalouse en Coruxo (Vigo), onde se adicou á tradución de poesía inglesa. En 1944 casou con Jesusa Piñeiro en Cambados, e do matrimonio naceron oito fillos.
Segunda etapa no Reino Unido Debido á inhabilitación que pesaba sobre el e á ditadura, exiliouse, primeiro en Portugal e finalmente de volta no Reino Unido, onde se asentou de novo en Londres. Alí traballou durante seis anos como locutor-redactor da BBC, onde realizou o Galician Programme, a primeira emisión radiofónica estable en lingua galega. Durante este período colaborou tamén con xornais como Jornal de Notícias do Porto, La Nación de Bos Aires e Galicia Emigrante.
Volta definitiva a Galicia Logo de que se levantase a inhabilitación que pesaba sobre el, volveu a Galicia; residiu en Cambados e traballou no Instituto Laboral de Vilagarcía, onde exerceu como profesor de inglés. Os xornais cos que colaborou nesta época foron o Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego e, especialmente, Faro de Vigo. Tamén participou activamente na promoción da Festa do albariño, na creación da Romaría Viquinga de Catoira en 1961, e do Ateneo Ullán.
A revista Grial publicou en 1963 a súa tradución de Rubáyiát, de Omar Khayyam, vertida ao galego desde a versión inglesa de Edward Fitzgerald, e en 1967, xa a título póstumo, un ensaio sobre William Butler Yeats.
Finou en Cambados en 1967, tras conseguir unha praza como profesor numerario unha vez presentado o seu estudo comparativo entre a poesía de Christina Rossetti e Rosalía de Castro"Plácido Castro: biografía!, en Verbas atlánticas. Poesía inglesa, escocesa e irlandesa traducida por Plácido Castro (ed. Laura Linares Fernández). Fundación Plácido Castro, 2016 (p.11)..
Recoñecemento miniatura|300px|Antón Villar Ponte, Castelao, Lugrís, Plácido Castro, Pedro Galán Calvete e outros, na Coruña. Logo de décadas de relativo esquecemento, a figura de Plácido Castro recobrou notoriedade sobre todo grazas á tarefa de recuperación levada a cabo por Xulio Ríos, analista do IGADI. A iniciativa desa institución, en 2001 foi creada a Fundación Plácido Castro, que ten como obxectivos manter o legado de Castro e promover a tradución de libros ao galego.
En memoria da súa destacada faceta coma tradutor, instituíuse o Premio de Tradución Plácido Castro, que cada ano recoñece a mellor tradución á lingua galega publicada na Biblioteca Virtual BIVIR Bivir.com. A este respecto, verbo da tradución, no limiar da obra Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (Ed. Alborada, 1949), que Castro asina conxuntamente con Lois Tobío e F. M. Delgado Gurriarán, sinálase:
En 2016 e 2017 foi candidato a ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas correspondente aos anos 2017 e 2018, respectivamente, canda outros autores como Ricardo Carballo Calero, María Victoria Moreno, Antón Fraguas Fraguas e Eusebio Lorenzo Baleirón."A RAG elixe o sábado a figura literaria que protagonizará…" RAG, 13/6/2017.
Obra Ensaio La Saudade y el Arte en los pueblos célticos (1927), con prólogo de Manuel Portela Valladares.
Tradución “Teatro irlandés. Dous folk-dramas de W.B. Yeats”. Editorial Nós, volume LXIX, 1935. En colaboración cos irmáns Villar Ponte. Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. Bos Aires: Editorial Alborada, 1949. Conxuntamente con Lois Tobío Fernández e Florencio Delgado. "Do inglés ao galego. Un pequeno feixe de poesía". Galicia emigrante, ano II, nº 8, 1955, pp. 18–19. Rubáyiát, de Ómar Khayyám. Espiral Maior, 1965. Colección "A illa verde". Verbas Atlánticas. Poesía inglesa, escocesa e irlandesa traducida por Plácido Castro. Fundación Plácido Castro (edición a cargo de Laura Linares), 2016.«Todas as facetas de Plácido Castro xiran arredor da dignificación do galego», entrevista coa editora da obra en La Voz de Galicia o 12 de xaneiro de 2017.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Fundación Plácido Castro
Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Nados en Corcubión Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Actividade cultural na emigración galega Categoría:Programas de radio en galego na BBC Categoría:Personalidades da radio en galego Categoría:Galegos do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Glasgow