A Rioxa é unha cidade, capital da provincia da Rioxa, na Arxentina.

Poboación En 2001 tiña 143 684 habitantes, un 27,80% máis que no ano 1991.

Clima miniatura|esquerda|290px|Climograma de La Rioja. A Rioxa presenta características propias dun clima continental. Os invernos son suaves e secos, con temperaturas medias por encima dos 10 °C e escasas choivas, así como unha alta oscilación diaria. Os veráns son chuviosos e cálidos con temperaturas medias de 28 °C e máximas absolutas ao redor dos 40 °C, unha das máis altas da Arxentina.

Notas

Categoría:Cidades da Arxentina Categoría:Provincia da Rioxa