Animal Collective é unha banda orixinaria de Baltimore, Maryland, baseada na actualidade en Nova York. Animal Collective está composta por Avey Tare (David Portner), Panda Bear (Noah Lennox), Deakin (Josh Dibb) e Geologist (Brian Weitz). Os discos gravados baixo o nome Animal Collective poden incluír contribucións dalgúns ou todos eses membros, xa que a formación non é uniforme.

O traballo da banda caracterízase por unha exploración ecléctica de estilos, incluídos psicodelia, freak folk, noise, e electrónica, co uso de elementos como loops, drones, sampling, harmonías vocais, e collages sonoros. Fred Thomas de AllMusic suxire que o grupo "definiu a cara do rock experimental independente durante os anos 2000 e 2010".

Os seus membros coñecéronse na escola e comezaron a gravar xuntos en distintas formas de colaboracións a unha idade moi temperá. En 1999 fundaron o selo discográfico Paw Tracks, publicando o que agora é considerado o seu álbum de estrea, Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished (2000), así como traballos doutros artistas. O seu álbum de 2007 Strawberry Jam foi o primeiro en entrar na lista Billboard 200. A continuación de 2009 Merriweather Post Pavilion foi o traballo máis exitoso do grupo, chegando aos número 13 da lista estadounidense; o seu son pop psicodélico con moita reverberación resultou moi influente na música independente da década seguinte.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Notas Spirit They're Gone, Spirit They've Vanished 2000 Animal como Avey Tare e Panda Bear Danse Manatee 2001 Catsup Plate como Avey Tare, Panda Bear e Geologist Campfire Songs 2003 Catsup Plate como Campfire Songs Here Comes the Indian 2003 Paw Tracks Sung Tongs 2004 FatCat Records Feels 2005 FatCat Records Strawberry Jam 2007 Domino Records Merriweather Post Pavilion 2009 Domino Records Centipede Hz 2012 Domino Records Painting With 2016 Domino Records Time Skiffs2022Domino RecordsIsn't It Now?2023Domino Records

EPs Álbum Ano Selo Notas Prospect Hummer 2005 FatCat Records con Vashti Bunyan People 2006 FatCat Records Water Curses 2008 Domino Recording Company Fall Be Kind 2009 Domino Recording Company Keep + Animal Collective 2011 Keep Transverse Temporal Gyrus 2012 Domino Recording Company Monkey Been to Burn Town 2013 Domino Recording Company New Psycho Actives Vol. 1 2015 autoeditado como Avey Tare e Geologist The Painters 2017 Domino Recording Company Meeting of the Waters 2017 Domino Recording Company New Psycho Actives Vol. 2 2019 autoeditado como Avey Tare e Geologist Bridge to Quiet 2020 Domino Recording Company

Notas

Ligazóns externas Páxina oficial MySpace da banda

Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de Maryland Categoría:Grupos musicais formados en 2000