miniatura|dereita|Sciara del fuoco (río de lume). Stromboli (, grego antigo: , Strongulē) é unha pequena illa no Mar Tirreno, fronte á costa norte de Sicilia, que contén un dos tres volcáns activos en Italia. É unha das oito Illas Eolias, un arco volcánico ao norte de Sicilia. Este nome derívase do vello nome grego Strongulē que lle foi dado debido á súa forma redonda inchada. Stromboli tamén se refire á unha comida parecida á pizza, que se coñece tamén como calzone. A poboación da illa é de aproximadamente 500 habitantes. O volcán leva en actividade continua (con erupcións volcánicas), desde polo menos os últimos 2.000 anos; a miúdo é visible desde moitos puntos da illa e do mar circundante, dando lugar ao alcumo da illa "Faro do Mediterráneo". A máis recente erupción foi o 13 de abril de 2009. Stromboli atópase a 926 m sobre o nivel do mar, e a máis de 2.700 m. por encima do fondo do mar.Tibaldi, A., Corazzato, C., Marani, M., Gamberi, F. (2009). Subaerial-submarine evidence of structures feeding magma to Stromboli Volcano, Italy, and relations with edifice flank failure and creep. Tectonophysics, 469(1), 112-136. Hai tres cráteres activos no pico. Unha característica xeolóxica significativa do volcán é a Sciara do Fuoco ("río de lume"), unha gran depresión en forma de ferradura xerada nos últimos 13.000 anos por varios colapsos no lado noroeste do cono. Dous quilómetros ao nordés atópase Strombolicchio, un tapón volcánico remanente do volcán orixinal.

O volcán right|thumb | Erupción do Stromboli (animado) O monte Stromboli estivo en erupción case continua durante os últimos 2.000 anos. Mantense un patrón de erupcións no que as explosións prodúcense nos cráteres do cume, con leves erupcións de bomba volcánica incandescentes, en intervalos que van desde minutos a horas. Isto coñécese como erupción estromboliana, obsérvase tamén noutros volcáns en todo o mundo. As erupcións dos cráteres do cume adoitan dar lugar a unhas poucas rafagas curtas, suaves, pero enérxicos estoupidos, que alcanzan uns poucos centos de metros de altura, conteñen cinzas, fragmentos incandescentes de lava e bloques de pedra. A actividade do monte Stromboli é case exclusivamente de explosiva, pero prodúcense fluxos de lava nos momentos de alta actividade volcánica, en 2002 produciuse unha grande erupción, a primeira en 17 anos, causando o peche da illa aos non-residentes durante varios meses. E novamente en 2003, 2007 e 2013-14.

Asentamentos right|thumb | Desde un helicóptero As dúas vilas de San Bartolo e San Vincenzo atópanse no nordés, mentres que a aldea máis pequena Ginostra está no suroeste. Administrativamente, son unhas de Lipari.

A principios de 1900 uns poucos miles de persoas habitaban a illa, pero logo de varias emigracións, a poboación era duns poucos centos a mediados da década de 1950

Véxase tamén Illas Eolias

Notas

Ligazóns externas Imaxe Satelite da illa de Stromboli

Categoría:Illas de Italia Categoría:Volcáns de Italia