Josefa Iglesias Vilarelle, nada en Santiago de Compostela en 1883 e finada en Pontevedra a finais de xaneiro de 1966,La Noche, 1-2-1966, p. 9.Marco, Aurora (2020) foi unha mestra e pedagoga galega.
Traxectoria Viviu dende nena en Pontevedra e fixo alí o estudos de Maxisterio que rematou en 1901. Acadou a praza de mestra en 1908 exercendo en Carnota, e anos despois en Mourente. Estivo vencellada, como o seu irmán Antón, á Dereita Galeguista e ao Seminario de Estudos Galegos.
En 1932 publicou Método de lectura (Pontevedra: SEG, imp. Paredes), o primeiro manual para o ensino da lectura e escrita do galego. Manual de interese didáctico, é etimoloxista en canto á representación gráfica, e está deseñado na liña das cartillas de lectura escolares que promovía a II República española.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Blanco García, Carmen. Xosefa Iglesias Vilarelle e o primeiro catón galego. Trabe de ouro.T. 1, ano 4, n. 13 (xan.-marzo 1993) ; p. 79-85.
Ligazóns externas
Josefa Iglesias Vilarelle na páxina web Do gris ao violeta.
Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Nados en 1883 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 1966 Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos