El Recreo Compostelano foi un xornal quincenal galego en castelán, que se publicou entre 1842 e 1843 en Santiago de Compostela.

Descrición Apareceu o 11 de xaneiro de 1842.Número un en Galiciana. Biblioteca de Galicia. O director era Antonio Neira de Mosquera, o editor José Núñez Castaño e o redactor principal Antolín Faraldo, que empregaba o pseudónimo de Abenhumeya. Compuxeron, tamén, a redacción, José Domínguez Izquierdo, Alberto Camino, Benito Vicetto e Manuel de la Peña Cagigao.

A temática da publicación estaba relacionada con aspectos históricos, literarios e filosóficos.

Cesou a súa publicación o 11 de setembro de 1843.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1842 en Galicia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos