La Oliva foi un periódico galego publicado en Vigo entre 1856 e 1873.
Historia e características Subtitulado Periódico de política, literatura e intereses materiales, Periódico de literatura e intereses materiales e Periódico de Galicia (desde o número 106), apareceu o 2 de febreiro de 1856. O 26 de marzo dese ano publicou o brinde de Eduardo Pondal no Banquete de Conxo."Brindis. Pronunciado en el célebre banquete que tuvo lugar en Santiago entre estudiantes y artesanos" La Oliva. A. I, n.º 16. 26/3/1856 . Tiña unha periodicidade bisemanal, e estaba vencellado aos sectores máis rexionalistas do Partido Progresista. Fundado e elaborado por Xosé Ramón Fernández, editouse nos obradoiros de Juan Compañel, quen tamén foi colaborador, xunto con Miguel Vidal, Atanasio Fontano e Alejandro Chao. Concedeulle importancia á historia e á literatura galega. Contou con Manuel Murguía como director literario, encargado de redactar un folletín e dar a coñecer os máis destacados autores da época en Galicia, como Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre ou Alfredo Brañas. Foi suspendido por orde gobernativa o 11 de abril de 1857 e substituído por El Miño. Reapareceu o 1 de outubro de 1868 e aínda se publicaba en 1873.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Banquete de Conxo Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Século XIX en Galicia Categoría:1856 en Galicia