Un alfasilabario (ou semisilabario) é un conxunto de signos utilizados para representar os fonemas dunha lingua. Situado a medio camiño entre un silabario e un alfabeto, consiste en signos que representan sílabas dotadas dunha vogal por defecto e outros signos, moitas veces anexos, que modifican, substitúen ou suprimen esa dita vogal por defecto.
Teoría Pódese explicar este principio de funcionamento por medio dun exemplo ficticio: sexa un grafema consonántico dado nun alfasilabario, notado K. Este grafema lese normalmente como unha sílaba composta dunha consoante (aquí /k/) seguida da vogal por defecto (no noso exemplo un /a/). Se se quere escribir /ka/, é suficiente cun so signo K. Pero para escribir /ki/, haberá que botar man dun signo anexo engadido ao grafema K: K+i. Para escribir /k/ so (nun grupo consonántico, en final de palabra,...) é necesario un terceiro signo, que nota a ausencia de vogal por defecto (signo representado no noso exemplo por *): K+*. Un tal signo é denominado a miúdo halant (palabra sánscrita para este signo nas escrituras da India) ou asasina (tradución de halant) e dise que a consoante esta "desvocalizada". Finalmente, para escribir i sen o soporte dunha consoante, é necesario un cuarto signo, o dun /i/ independente (notado I no noso exemplo). Recapitulando:
K = /ka/; Ki = /ki/; K* = /k/ (logo, para escribir /kma/, hai que pasar por K*M); İK = /ika/; İK* = /ik/; İKi = /iki/ etc.
Ao final, son precisos catro signos diferentes (K, i, * et İ) onde, nun alfabeto, son necesarios tres (k, a et i).
Exemplo en devanágari Pódese ilustrar este modo de funcionamento polos mesmos exemplos escritos dun alfasilabario como o devanágari : K = /ka/ = Ficheiro:Devnag_ka.png; Ki = /ki/ = Ficheiro:Devnag_ki.png K* = /k/ = Ficheiro:Devnag_k.png (co signo de halant Ficheiro:Devnag_halant.png subscrito) K*M = /kma/ = Ficheiro:Devnag_kma.png; İK = /ika/ = Ficheiro:Devnag_ika.png; İK* = /ik/ = Ficheiro:Devnag_ik.png; İKi = /iki/ = Ficheiro:Devnag_iki.png etc.
Nótanse de paso moitos trazos característicos dos alfasilabarios:
as vogais que seguen unha consoante están tratadas realmente como diacríticos, de aí que a súa situación non estea necesariamente na orde da lectura; así, Ki escríbese de feito i+K, con Ficheiro:Devnag_i2.png, que non se confunde con İK grazas á utilización da vogal independente Ficheiro:Devnag_i1.png; a consoante desvocalizada K, como fan moitas outras, adopta unha forma particular cando vai seguida directamente por unha consoante (aquí en K*M): Ficheiro:Devnag_k_conjoint.png. Dise que ten a forma conxunta e o halant non aparece notado; noutro caso, márcase simplemente polo halant: Ficheiro:Devnag_k.png.
Lista de alfasilabarios Hai que notar que moitos alfasilabarios derivan de escrituras utilizadas nas linguas da India (como o brāhmī ou o devanágari) e que é nesta rexión do globo onde se atopan máis alfasilabarios diferentes.
O ahom, lingua thai extinguida, utilizaba un alfasilabario probabelmente derivado do brāhmī. O amhárico, lingua etíope, utiliza un alfasilabario moi lixeiramente derivado da lingua ge'ez O baybayin, escritura colonial do tagalog. A escritura do bengālī, baseado no brāhmī. O birmano utiliza un alfasilabario derivado do devanágari. O brāhmī, prototipo dun número de alfasilabarios usados na India e no sur de Asia. O cingalés posúe un alfasilabario. O devanágari, descendente do brāhmī, que serve para escribir entre outros o sánscrito, o pāli, o hindī moderno,... O ge'ez, alfasilabario da extinta lingua etíope do mesmo nome, que, con lixeiras modificacións serve para notar un certo número de linguas modernas de Etiopía e de Eritrea, especialmente o amhárico e o tigrinya. Os seus catro primeiros signos serviron para formar o termo « abugida ». O gujarātī utiliza un alfasilabario derivado do devanágari. O gurmukhī serve para notar o penjābi. O inuktitut posúe un alfasilabario derivado dos silabarios autóctonos canadenses. O alfasilabario do kannara, descendente do brāhmī. O alfabeto khmer, descendente do brāhmī. O alfabeto laosiano, descendente do brāhmī tamén. O malayāḷaṃ utiliza un alfasilabario descendente este tamén do brāhmī. O meroítico, lingua extinguida aínda por descifrar, parece utilizar un alfasilabario derivado dos xeroglíficos exipcios. O oṛiya, un dos numerosos descendentes do brāhmī. Os silabarios autóctonos canadenses son de feito alfasilabarios. O tamiḻ, derivado do brāhmī. O tĕlugu, derivado do brāhmī. O alfabeto thai, probabel descendente do alfabeto khmer. O tibetano utiliza un alfasilabario baseado no devanágari. O tigrinya, unha das linguas oficiais de Eritrea, posúe un alfasilabario baseado no ge'ez.
Véxase tamén Outros artigos escritura. silabario. abxad. alfabeto. logograma. diacrítico. transliteración.
Ligazóns externas Omniglot, lista de alfasilabarios
Categoría:Alfasilabarios