Os Gießen 46ers, coñecidos como JobStairs GIESSEN 46ers por motivos de patrocinio, son un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Gießen, Hesse. Fundado no ano 1937, actualmente que xoga na ProA, a segunda categoría do baloncesto xermano. Disputa os seus partidos como local no Sporthalle Giessen-Ost, pavillón con capacidade para 4 003 espectadores. Os maiores éxitos do club chegaron nos anos 1960 e 1970, época na que conseguiron seus cinco campionatos de liga e tres copas. Até a temporada 2012−13 era o único equipo alemán que non descendera desde a fundación da Bundesliga en 1966.
Historia A sociedade á que pertence foi fundada en 1846, de aí vén o apelativo de 46ers (os do 46), mais o equipo de baloncesto no comezou a funcionar ata 1937. A súa época dourada foi na segunda metade da década dos anos 1960, acadando o seu primeiro título nacional en 1965, repetindo en 1967 e 1968. Tras uns anos sen títulos, gañaron dous máis en 1975 e 1978. Os seus éxitos máis próximos no tempo, foron a súa aparición nas semifinais de 2005, onde perderon a eliminatoria por 1-3 ante o Brose Baskets, despois campións, e o terceiro posto conseguido na Copa de 2006. Na temporada 2012–13 o equipo descende por primeira vez na súa historia da Basketball Bundesliga desde a súa fundación en 1966, sendo o único equipo que permancera durante todas as camapañas. Con todo, o club consegue volver á elite tras ser campión da Segunda División (ProA) en 2014–15.
Temporadas AnoNivelDivisiónCopa2008–09 1 BBL17º2009–10 1 BBL 14º2010–11 1 BBL 15º2011–12 1 BBL17º2012–13 1 BBL18º2013–14 2 ProA 3º2014–15 2 ProA1º2015–16 1 BBL 9º 2016–17 1 BBL 9º2017–18 1 BBL 11º2018–19 1 BBL 13ºOitavos de final2019–20 1 BBL 13ºOitavos de final2020–21 1 BBL 17ºFase de grupos2021–22 1 BBL 18º
Títulos Liga de Alemaña Campión (5): 1965, 1967, 1968, 1975, 1978 Copa de Alemaña Campión (3): 1969, 1973, 1979
Xogadores Destacados Henning Harnisch Heiko Schaffartzik Louis Campbell Chuck Eidson Kevin Nash Anton Gavel
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial dos Gießen 46ers Perfil dos 46ers en Eurobasket.com
Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña