O Sport Club Thunerstern é un club de hóckey a patíns de Thun (Suíza). Foi fundado en 1959. Actualmente compite na LNA, a máxima categoría do hóckey a patíns suízo. O nome do club ten a súa orixe no escudo da cidade, onde é visible unha estrela de ouro de sete puntas, esta estrela tamén é visible no logo do club.

Palmarés 8 Ligas LNA: (1979-80, 1987-88, 1988-89, 1989-90, 1990-91, 1993-94, 2000-01, 2004-05) 7 Copas suízas (1986, 1989, 1994, 1997, 1998, 2001, 2006) Finalista da Recopa de Europa (1992-93)

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do club .

Thunerstern