O gurgullo da castaña (Curculio elephas Gyllenhal) é un insecto coleóptero da familia dos curculionídeos. As súas larvas medran no interior do ourizo da castaña. Convértense en adultos habitualmente entre os meses de agosto e setembro, fase na que acadan un tamaño entre 6 a 10 mm (inferior á lonxitude da fase larval) e adquiren unha cor entre gris e amarela.
Categoría:Fitopatoloxía Categoría:Cucujiformia Categoría:Castaña