Ediciós da Rotonda foi unha editorial creada pola xornalista María Yáñez e o deseñador web Berto Yáñez co obxectivo de distribuír publicacións exclusivamente a través de Internet, sempre mediante licenzas Creative Commons. Foi, pois, a primeira editora destas característas en Galiza. O proceso de edición formulábase similar ao dunha editora tradicional, con selección do material, corrección, maquetación e promoción. No entanto, nos tres anos do proxecto (2005-2008) só se editou unha obra, O home inédito, de Carlos Meixide, o primeiro libro galego e en galego en se divulgar nun formato destas características. Posteriormente, grazas ao éxito obtido e mercé a un acordo coa Rinoceronte Editora, viu a luz tamén no formato papel.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Rotonda