O alfabeto grego é o alfabeto utilizado para escribir o grego desde finais do século IX a.C. e comezos do século VIII a.C.A data dos obxectos inscritos máis antigos; resume a investigación sobre as datacións.Véxase tamén: ; ; ; ; ; ; Deriva do alfabeto fenicioThe Development of the Greek Alphabet within the Chronology of the ANE (2009), Cita: «Naveh dá catro razóns principais polas que existe un acordo universal en que o alfabeto grego se desenvolveu a partir dun alfabeto fenicio antigo.1 Segundo Heróduto, «os fenicios que chegaron con Cadmo... trouxeron á Hélade o alfabeto, que ata entón fora descoñecido, creo, para os gregos».2 As letras gregas alfa, beta e gimmel non teñen significado en grego, pero coñécese o significado da maioría dos seus equivalentes semíticos. Por exemplo, «aleph» significa «boi», «bet» significa «casa» e «gimmel» significa «pau de lanzar».3 As letras gregas antigas son moi semellantes e ás veces idénticas ás letras semíticas occidentais.4 A secuencia de letras entre os alfabetos semítico e grego é idéntica. (Naveh 1982)» e foi a primeira escrita da historia en ter letras distintas para as vogais e para as consoantes.; ; Dente o século IV a.C., o alfabeto euclidiano, de vinte e catro letras converteuse no estándar; e é a versión que aínda se emprega para escribir o grego na actualidade.

As formas maiúsculas e minúsculas das 24 letras son: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

En época arcaica tiña distintas variedades: basicamente unha occidental (da que provén o alfabeto etrusco e o latino) e outra oriental (da que proveñen o alfabeto xónico, que foi considerado o clásico, e del o cirílico, o armenio,...). Non foi o primeiro sistema de escritura para escribir o grego: xa se empregara o silabario micénico (tamén chamado Lineal B) entre os séculos XIV e XII a. C., pero foi esquecido tras a desaparición dos micénicos, ata que foi descifrado por Michael Ventris e John Chadwick no 1953. Consta de vinte e catro letras na súa versión clásica, aínda que hai outras que existiron pero ou eran de uso local ou desapareceron. Ademais do seu valor fonético, foron utilizadas para a expresión de números.

Letras principais thumb|center|350px|Cadro coas principais letras gregas Letra Nome Pronuncia antiga Pronuncia moderna Valor Alfabeto Semítico HTML Α α Alfa [a][a:] [a] 1 Alef (') /?/ α Β β Beta [b] [v] 2 Beth /b/ β Γ γ Gamma [ɡ][ŋ] diante de γ, κ, ξ, χ, e posiblemente μ [ɣ] ~ [ʝ][ŋ] ~ [ɲ] 3 Gimel /g/ γ Δ δ Delta [d] [ð] 4 Daleth /d/ δ Ε ε Epsilon [e] [e] 5 He (h) /h/ ε Ζ ζ Dseta [zd], ou posiblemente [dz] [z] 7 Zain /dz/ ζ Η η Eta [ɛː] [i] 8 Heth (h*) η Θ θ ThetaEsta letra coñécese internacionalmente por theta, nome que tamén se usa moito en Galicia. Porén, o seu nome máis tradicional é zeta. [tʰ] [θ] 9 Thet (t*) θ Ι ι Iota [i][iː] [i], [ç], [ʝ], [ɲ] 10 Yod (y) /x/ ι Κ κ Kappa [k] [k] ~ [c] 20 Kaf /k/ κ Λ λ Lambda [l] [l] 30 Lamed /l/ λ Μ μ Mi [m] [m] 40 Mem /m/ μ Ν ν Ni [n] [n] 50 Nun /n/ ν Ξ ξ Xi [ks] [ks] 60 Samekh (s) ξ Ο ο Ómicron [o] [o] 70 Ain () ο Π π Pi [p] [p] 80 Pe /p/ π Ρ ρ Rho [r] [r] 100 Resh /r/ ρ Σ σ,ς Sigma [s][z] antes de β, γ ou μ [s] ~ [z] 200 Shin (sh) /S/ σ Τ τ Tau [t] [t] 300 Taw /t/ τ Υ υ Ípsilon [y][yː] [i] 400 De Wau υ Φ φ Fi [pʰ] [f] 500 orixe incerta &phi Χ χ Khi [kʰ] [x] ~ [ç] 600 orixe incerta χ Ψ ψ Psi [ps] [ps] 700 orixe incerta ψ Ω ω Omega [ɔː] [o] 800 orixe incerta ω

Letras numéricas Letra Nome Son Valor Alfabeto Semítico HTML Ϛ Stigma /st/ 6 – Ϙ Qoppa /k/ 90 Qof /q/ Ͳ Sampi /s:/→(s sempre longo) 900 orixe incerta

Outras letras Letra Nome Son Valor Alfabeto Semítico HTML Ϝ Digamma /w/→(a grafía son dous Gammas) 6 Wau /w/ Ͱ Heta /h/ – Heth (h*) Ϻ San /ts/ – Sade (s*) /ts/ Ϸ Sho /ʃ/ – orixe incerta

Diacríticos Na ortografía politónica empregada tradicionalmente no grego antigo, a vogal acentuada de cada palabra levaba un dos tres acentos: agudo (ά), grave (ὰ) ou circunflexo (α̃) ou (α̑). Estes signos foron deseñados orixinariamente para marcar formas diferentes do acento tonal no grego antigo. No tempo en que o seu uso se volvera convencional e obrigatorio na escrita, o acento tonal evolucionara nun acento prosódico e dende entón os signos non correspondían a unha distinción fonolóxica. Ademais dos acentos, cada palabra que comece por vogal debe levar un dos dous "signos de respiración": o spiritus asper (ἁ), que marca un son /h/ ao comezo da palabra, ou o spiritus lenis (ἀ), que marca a súa ausencia.

Outro diacrítico empregado no grego é a diérese (¨) que indica un hiato.

Antecedentes miniatura|Alfabeto grego arcaico. Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas Linear B Antes da elaboración deste alfabeto, os gregos empregaban un silabario para a escritura, chamado sistema linear B, utilizado en Creta e áreas da Grecia continental como Micenas ou Pilos entre os séculos XVI e XII a. C. Os fragmentos conservados en linear B están escritos no que parece unha versión primitiva dos dialectos arcado-chipriota e xónico-ático, un dialecto chamado micénico. O linear B desenvolveuse a partir dun silabario anterior, chamado linear A, empregado para escribir a lingua minoica, unha lingua falada en Creta antes da invasión grega da illa, e non representa de modo totalmente correcto a fonética do dialecto micénico. Esta e outras razóns levaron ao seu abandono e ao desenvolvemento dun alfabeto totalmente novo. miniatura|200px|Cartel de estrada en grego

Adaptación do fenicio Crese que o alfabeto grego deriva dunha variante do fenicio, introducido en Grecia por mercadores desa nacionalidade. O fenicio, como os alfabetos semíticos posteriores, non empregaba signos para rexistrar as vogais; para salvar esta dificultade, que o facía incompleto para a transcrición da lingua grega, os gregos adaptaron algúns signos utilizados no fenicio para indicar aspiración para representar as vogais. Esta achega pode considerarse fundamental; a inmensa maioría dos alfabetos que inclúen signos vocálicos derívanse da achega orixinal grega. Ademais das vogais, o grego engadiu tres letras novas ao final do alfabeto: fi e xi, para representar sons aspirados que non existían no fenicio, e psi.

Orixinariamente existiron variantes do alfabeto grego, sendo as máis importantes a occidental (calcídica) e a oriental (xónica). A variante occidental orixinou o alfabeto etrusco e deste procede o alfabeto romano. A escritura realizábase a miúdo de dereita a esquerda, que era como se facía no seu antecesor fenicio, e bustrófedon, que era a alternancia de liñas de esquerda a dereita e de dereita a esquerda, de maneira que se empezaba polo lado onde se concluíu a liña anterior. Segundo a dirección na que se escribise, investíanse os caracteres no proceso.

Letras obsoletas e numeración Xa na época clásica algunhas letras desapareceron do alfabeto; digamma, que adaptaba o wau fenicio, utilizábase só nalgúns dialectos occidentais, e desapareceu antes do período clásico; o san, homófono co sigma, foi desprazado por este último; o qoppa, unha adaptación do qop fenicio, cun son (unha explosiva uvular) que non existía no grego.

Na rexión de Xonia desenvolveuse un sistema de numeración en que cada letra representaba un número. As letras que deixaron de usarse no alfabeto (digamma, san e qoppa) conserváronse no sistema de numeración, e para completar a serie das centenas introduciuse ademais a letra sampi. Estas letras volvéronse obsoletas moito antes de que se desenvolvese a forma minúscula de escritura; as formas minúsculas de digamma, qoppa, san e sampi son inferencias reconstrutivas a partir de formas manuscritas no seu uso para a numeración. Se ben responden a hipóteses moi robustas sobre o uso da grafía, están só parcialmente baseadas no uso histórico; para o valor numérico de digamma (6) era moito máis común escribir a combinación στ ou a forma ligada Ϛ (chamada stigma).

Variantes arcaicas miniatura|right|400px|Distribución dos tipos de alfabetos "verde", "vermello" e "azul", segundo Kirchhoff. Inicialmente houbo numerosas variantes locais do alfabeto grego, que diferían no uso ou non de vogais e consoantes adicionais e outros detalles. Os alfabetos epicóricos adoitan dividirse en catro tipos principais segundo o seu diferente trato das letras adicionais para as consoantes aspiradas (/pʰ, kʰ/) e as consoantes aglutinadas (/ks, ps/) do grego. Estes catro tipos adoitan denominarse "verde", "vermello", "azul claro" e "azul escuro", en base ás cores do mapa da obra seminal sobre o tema do século XIX Studien zur Geschichte des griechischen Alphabets de Adolf Kirchhoff (1867).

O tipo "verde" ou meridional é o máis arcaico e próximo ao fenicio. O "vermello" ou occidental é un dos que posteriormente se transmitiu a occidente e se converteu no antecedente do alfabeto latino, e ten algunhas características fundamentais dese desenvolvemento posterior. O "azul" ou oriental é do que xurdiu o alfabeto grego estándar. Atenas empregou unha forma local do alfabeto "azul claro" ata o final do século V a.C., que non tiña as letras Ξ e Ψ ademais dos símbolos vocálicos Η e Ω. No alfabeto ático antigo, ΧΣ empregouse para /ks/ e ΦΣ para /ps/. Ε empregouse para tres sons (/e, eː, ɛː/), correspondénddose cos clásicos Ε, ΕΙ, Η respectivamente, e Ο usouse para /o, oː, ɔː/, que se correspondían cos clásicos Ο, ΟΥ, Ω. A letra Η (heta) usouse para a consoante /h/. Algunhas variantes locais das letras tamén eran características da escritura ateniense, algunhas compartidas co alfabeto da ("vermello") da veciñanza de Eubea: unha forma de Λ} que lembraba o L latino (x12px) e unha forma de Σ semellante ao S latino (x12px).

Modelo feniciox12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxMeridional"verde"x12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12px—x12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12px—x12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12pxx12px*—————Occidental"vermello"x12pxx12pxx12pxOriental"azul claro"—x12px"azul escuro"x12pxx12pxXónico clásico — —x12px — —x12pxAlfabeto modernoΑΒΓΔΕ—Ζ—ΗΘΙΚΛΜΝΞΟΠ——ΡΣΤΥ—ΦΧΨΩSon en grego antigoabgdewzdhētʰiklmnksopskrstukspʰkʰpsō

*Ípsilon tamén se deriva de waw (x12px).

O alfabeto clásico de vinte e catro letras que se emprega agora para representar a lingua grega foi orixinariamente o alfabeto local de Xonia. A finais do século V a.C., adoitaba ser usado por moitos atenienses. Arredor do 403 a.C., como suxestión do arconte Eucleides, a asemblea ateniense abandonou formalmente o alfabeto ático antigo e adoptou o alfabeto xónico como parte das reformas democráticas tralos trinta tiranos. A causa do papel de Eucleides suxerindo a idea de adoptar o alfabeto xónico, o alfabeto estándar de vinte e catro letras tamén se chama "alfabeto eucleideano". Uns trinta anos despois, foi adoptado en Beocia e puido ser adoptado varios anos antes en Macedonia. Contra o final do século IV a.C., desprazara os alfabetos locais no mundo grego falante para converterse no alfabeto estándar.

Variantes nas grafías Algunhas letras tiñan diversas grafías, a meirande parte delas herdadas da escritura minúscula da Idade Media. Se ben a súa utilización é unha cuestión de gustos, algunhas destas variantes teñen unha codificación separada na norma Unicode.

« ϐ » é unha variante da letra beta « β » (Unicode : 03D0). Epsilon pode respresentarse « ϵ » (« èpsilon lunar », Unicode : 03F5) o « ε ». Theta ten dúas representacións: « θ » ou « ϑ » — a segunda é frecuente na escritura manuscrita (Unicode : 03D1). Khi « ϰ » é unha variante manuscrita de « x » (Unicode : 03F0). Pi pode escribirse tamén « ϖ », forma arcaica da letra actual " π " (Unicode : 03D6). Rho ten dúas grafías: « ρ » e « ϱ » (Unicode : 03F1). Sigma, na tipografía estándar do grego, ten dúas variantes: « σ » i « ς ». A primeira utilízase ao comezo e na metade das palabras, mentres que a segunda vai só ao final. Existe unha variante chamada « sigma lunar » " ϲ ", xurdida da escritura medieval (Unicode : 03F2).