O Brose Bamberg é un club profesional de baloncesto da cidade de Bamberg, Baviera, que xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto alemán. Fundado en 1955, o Bamberg é un dos equipos máis galardoados do baloncesto xermano, sendo ademais o primeiro equipo do país en chegar ao Top 16 da Euroleague Basketball. O equipo xoga os seus partidos como local no Brose Arena, recinto con capacidade para 6 150 espectadores. O principal patrocinador do club é a compañía automobilística Brose Fahrzeugteile.

Historia O club foi fundado en 1955 co nome de 1 FC 01 Bamberg. Quince anos despois, en 1970, o club xogou por primeira vez na Basketball Bundesliga, a máxima competición do baloncesto alemán. Despois de dous descensos e ascensos (baixou en 1979 e 1983, e subiu en 1982 e 1984), debido aos problemas económicos do FC Bamberg 1988, club do cal era parte, elimina a sección de baloncesto. A raíz diso creasde unha nova asocación (a partir do nome do patrocinador): TTL Basketball Bamberg (TTL por Tapeten-Teppichboden-Land). En 1995 o club pasa a chamarse TTL uniVersa Bamber (uniVersa por uniVersa Versicherungen, unha compañía de seguros). En 1992 o Bamberg gaña o seu primeiro trofeo, a Copa de Alemaña.

Despois de novos problemas financeiros, no ano 2000 un novo patrocinador salvo ao equipo é permítelle continuar na máxima categoría do baloncesto alemán, pasando o equipo a chamarse TSK uniVersa Bamberg. Con todo, diferenzas entre o novo patrocinador e o club puxeron en risco a continuidade do mesmo en 2003. Dous anos despois, en 2005, o equipo gaña a súa primeira Bundesliga, o que lle valeu a súa participación ao ano seguinte na Euroleague Basketball, onde foi o primeiro equipo do país en chegar ao Formato|Top 16. Desde aquela o club converteuse nun dos equipos máis competitivos de Alemaña, gañando múltiples títulos tanto de Liga como de Copa.

Denominacións 1.FC 01 Bamberg (1955−1988) TTL Bamberg (1988−1995) TTL uniVersa Bamberg (1995−2000) TTL uniVersa Bamberg (1995−2000) TSK uniVersa Bamberg (2000−2003) GHP Bamberg (2003−2006) Brose Baskets (2006−2016) Brose Bamberg (2016−presente)

Ano a ano thumb|Maodo Lô. AnoNivelLigaCopa Competicións europeas1991–921 BBL Campión 1992–931 BBL2º 1993–941 BBL Semifinais 1994–951 BBL 3 Copa Korać 1995–961 BBL 4º Semifinais3 Copa Korać 1996–971 BBL 3º Semifinais3 Copa Korać 1997–981 BBL 3º 3 Copa Korać 1998–991 BBL 6º Terceiro lugar3 Copa Korać 1999–001 BBL 10º 2000–011 BBL 10º 2001–021 BBL 7º 2002–031 BBL 2º 2003–041 BBL 2º 3 FIBA Europe League 2004–051 BBL 1º 2 ULEB Cup 2005–061 BBL 3ºSubcampión 1 Euroliga 2006–071 BBL 1º 2 ULEB Cup 2007–081 BBL 7º 1 Euroliga 2008–091 BBL 4º 2 Eurocup 2009–101 BBL 1ºCampión2 Eurocup 2010–111 BBL 1ºCampión1 Euroliga 2011–121 BBL 1ºCampión1 Euroliga 2012–131 BBL1º Cuartos de final1 Euroliga 2013–141 BBL5ºTerceiro lugar1 Euroliga 2 Eurocup 2014–151 BBL 1ºSubcampión2 Eurocup 2015–161 BBL 1º Semifinais1 Euroliga 2016–171 BBL 1ºCampión1 Euroliga 13º2017–181 BBL4º Cuartos de final1 Euroliga 12º2018–191 BBL5ºCampión3 Champions League 4º2019–201 BBL6º Semifinais3 Champions League 2020–211 BBL8º Fase de grupos3 Champions League

Pavillón

O Brose Baskets xoga os seus encontros como local no Brose Arena. O pavillón está situado na propia cidade de Bamberg. Foi comezado a construír en 2000 e inaugurado un ano despois, en 2001. Con capacidade para 6.900 en partidos de baloncesto, alberga os encontros do equipo tanto na Basketball Bundesliga como eventualmente na Euroliga. O recinto orixinariamente tiña capacidade para 4.750 persoas mais foi remodelado e reinaugurado en outubro de 2006. Para outros eventos, como concertos, o pavillón pode albergar entre 9.000 e 10.000 espectadores.

Xogadores Dorsais retirados Dorsais retirados do Brose Bamberg N°XogadorPosiciónEtapaData de retiro do dorsal 5 John Goldsberry Base 2008–2014 2014 23 Casey Jacobsen Ala 2006–2007, 2009–2014 2014

Destacados

Daniel Theis Maik Zirbes Tibor Pleiß Steffen Hamann Ademola Okulaja Robert Garrett Tim Ohlbrecht Sven Schultze Holger Geschwindner Pekka Markkanen Ljubodrag Simonović Uvis Helmanis Gert Kullamäe Predrag Šuput Anton Gavel Boštjan Nachbar Jānis Strēlnieks Fabien Causeur Nikos Zisis Nicolò Melli Daniel Hackett Dan Dickau Casey Jacobsen John Goldsberry Brian Roberts P.J. Tucker Dorell Wright Darius Miller Marcus Slaughter Kyle Hines Brad Wanamaker Alex Renfroe Ricky Hickman Julius Jenkins Jason Sasser Chris Ensminger Derrick Taylor Rick Stafford Demond Mallet Sharrod Ford Eldridge Recasner Elton Brown K'zell Wesson Dickey Simpkins

Palmarés Liga de Alemaña Campións (9): 2005, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016, 2017 Subcampións (3): 1993, 2003, 2004 Copa de Alemaña Campións (6): 1992, 2010, 2011, 2012, 2017, 2019 Subcampións (2): 2006, 2015 Supercopa de Alemaña Campións (5): 2007, 2010, 2011, 2012, 2015 Subcampións (1): 2013

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña