Rinoceronte (título orixinal en francés: Rhinocéros) é unha obra de teatro escrita por Eugène Ionesco en 1959. Está considerada como unha das obras máis destacadas do Teatro do absurdo.

A obra está escrita en francés, todos os personaxes, tanto principais coma secundarios representan personalidades definidas e ben recoñecibles.

Argumento Ao longo de tres actos, os habitantes dunha pequena vila de Francia vense convertidos en rinocerontes. A fígura principal da obra, Bérenges, un home común e sinxelo, a miúdo minusvalorado e criticado pola súa adicción ao alcohol, resulta ser o único humano que non desenvolve esta metamorfose.

Rinoceronte foi a miúdo interpretado como unha metáfora do xurdimento dos fascismos na Europa anterior á segunda guerra mundial, desta maneira trata temas controvertidos como a conformidade, ou os conceptos de cultura ou moral.

Adaptación ó cine A obra foi adaptada ao cine en 1973 por Tom O´Horgan e protagonizado por Zero Mostel e Gene Wilder.

Tradución ao galego No ano 2004 foi publicada en galego por Edicións Laiovento, en tradución de Henrique Harguindey Banet.

Notas

Categoría:Obras literarias de 1959 Categoría:Obras de teatro en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego Categoría:Teatro do absurdo