Un actor de dobraxe é un actor de voz que substitúe os diálogos orixinais de calquera produción audiovisual por outros realizados, a posterior, nun estudio de gravación.

Finalidades A dobraxe pode efectuarse con diferentes finalidades:

Produto televisivo ou cinematográfico estranxeiro que se decide dobrar ó idioma do país comprador para a súa difusión. Este é o motivo máis común para realizar unha dobraxe. Actor que aparece en anuncio de televisión con falta de fonoxenia ou calquera motivo semellante. Gravación defectuosa da banda de son en filmes ou series.

En tódolos casos nos que exista unha dobraxe, os actores encargados de o realizar deben tratar de axustar a súa interpretación ó orixinal.

Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Personalidades do cinema