Roberto Luis Blanco Valdés, nado na Estrada o 7 de novembro de 1957, é un profesor, escritor e columnista galego.
Traxectoria Fillo de Mario Blanco Fuentes, avogado e alcalde da Estrada. Catedrático de Dereito Constitucional e profesor do departamento de dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago de Compostela. É articulista e analista político en diferentes medios de comunicación, como a Televisión de Galicia, a Radio Galega, La Voz de Galicia ou V Televisión.
Foi director de teses doutorais e de numerosos proxectos de investigación sobre cuestións de dereito político. Foi ademais, profesor nas Universidades de Georgetown e da Coruña, e investigador visitante na Universidade de Roma La Sapienza, tendo pronunciado discursos en ámbalas dúas, e en universidades españolas e institucións europeas (como Dobbiaco, Boloña, Trieste, Milán, Roma, Turín, Calabria, Padua, Siena, Messina, Pau, Berlín, Porto, Lisboa) e americanas (Washington, California, Irvine, México, Chile, Ecuador, Brasil, Guatemala, Colombia, República Dominicana).
Especialista en Dereito de partidos, foi convocado como experto pola Comisión para o Estudo e a Investigación sobre financiamento dos partidos políticos, creada en 1995 no Congreso dos Deputados, e ten participado durante os últimos anos en multitude de foros institucionais, reunións e congresos sobre materias relacionadas coa súa especialidade.
É autor dúas ducia de publicacións sobre diferentes aspectos do dereito e da política e de máis dun cento de traballos publicados en libros colectivos e publicacións especializadas.Perfil de Roberto L. Blanco Valdés con motivo do Premio Fernández-Latorre 2001 Consultado o 8 de febreiro de 2010.
Obra Rey, Cortes y fuerza armada en los orígenes de la España liberal. 1808‑1823 (1988). Madrid: Siglo XXI. ISBN 84-323-0637-1 La aflicción de los patriotas (1988). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-6855-0 La ordenación constitucional de la defensa (1988). Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-1663-6 Los partidos políticos (1990). Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-1864-7
El valor de la Constitución (1994). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-2926-X El problema americano en las primeras Cortes liberales españolas. 1810‑1814 (1995). México D.F.: Universidade Nacional Autónoma de México. ISBN 9683643035 La configuración del concepto de constitución en las experiencias revolucionarias francesa y norteamericana (1996). Barcelona : Institut de Ciències Polítiques i Socials. ISBN 84-11-33896-7 Introducción a la Constitución de 1978 (1998). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 978-84-9104-267-9 Las conexiones políticas (2001). MAdrid:Alianza Editorial. ISBN 84-206-6762-5 La Constitución de 1978 (2003). Madrid:Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-4174-4 Nacionalidades históricas y regiones sin historia (2005). Madrid: Alianza Editorial ISBN 84-206-4751-9 Bienvenido al Congreso: pasa y lee, esta es tu casa (2006). Madrid: Congreso de los Diputados, Departamento de Publicaciones. ISBN 84-7943-278-0 La aflicción de los patriotas (2008). Madrid: Alianza. ISBN 978-84-206-6855-0 La Construcción de la autonomía gallega 1981-2007 (2009), Santiago de Compostela: EGAP. ISBN 9788445346860 La construcción de la libertad (2010). Madird: Alianza,Editorial. ISBN 978-84-206-8317-1 Los rostros del federalismo (2012). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-6964-9 El Laberinto territorial español (2014). Madrid: Alianza Editorial. ISBN 9788420688237 Luz tras las tinieblas. Vindicación de la España constitucional (2018). Madrid: Alianza Editorial ISBN 9788491812449
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1957 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Constitucionalistas Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Ensaístas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes