Sebastião Ribeiro Salgado, nado en Aimorés, Minas Xerais, o 8 de febreiro de 1944 e finado en París o 23 de maio de 2025, foi un fotógrafo brasileiro. Nomeado como representante especial da UNICEF o 3 de abril de 2001, dedicouse a facer crónicas sobre a vida das persoas excluídas, traballo do cal xurdiron dez libros e varias exposicións.

Traxectoria miniatura|Sebastião Salgado regálalle ao presidente brasileiro, Lula, o seu novo libro (31 de outubro de 2006). Formado en economía pola Universidade de São Paulo, traballou na Organización Internacional do Café en 1973. Deixou a economía pola fotografía após viaxar á África levando emprestada a cámara fotográfica da súa dona, Lélia Wanick Salgado.

O seu primeiro libro, Outras Américas, sobre os pobres na América Latina, foi publicado en 1986. Cunha temática relacionada publicou Sahel: O Homem em Pânico (1986), resultado dunha longa colaboración coa ONG Médicos Sen Fronteiras cubrindo a seca no Norte da África.

Entre 1986 e 1992, concentrouse na documentación do traballo manual en todo o mundo, do que sairía a obra Trabalhadores rurais. De 1993 a 1999 centrouse nos éxodos e desaloxamentos masivos de persoas, dando as obras Êxodos e Retratos de Crianças do Êxodo, publicadas en 2000.

Publicacións An Uncertain Grace. Nova York, NY: Aperture, 1992. ISBN 9780893814601. Workers: Archaeology of the Industrial Age. Workers: Archaeology of the Industrial Age. Londres: Phaidon, 1993. ISBN 978-0714829319. Trabalho: Uma Arqueologia da Era Industrial. Portugal: Caminho, 1993. ISBN 978-9722108348. Trabalhadores: Uma Arqueologia da Era Industrial. Sao Paulo, Brazil: Schwarcz, 1997. ISBN 978-8571645882. Migrations. Nova York, NY: Aperture, 2000. ISBN 978-0893818913. The Children: Refugees and Migrants. Nova York, NY: Aperture, 2000. ISBN 978-0893818944. Sahel: The End of the Road. Oakland, CA: University of California Press, 2004. ISBN 978-0520241701. Africa. Cologne: Taschen, 2007. ISBN 978-3836523431. Genesis. Cologne: Taschen, 2013. ISBN 978-3836538725.

Premios e distincións Príncipe de Asturias das Artes, 1998. Premio Eugene Smith de Fotografía Humanitaria. Premio World Press Photo The Maine Photographic Workshop ao mellor libro foto-documental. Membro honorario da Academia Americana de Artes e Ciencia''' nos Estados Unidos. Premio pola libro Trabalhadores. Medalla de prata Art Directors Oub nos Estados Unidos. Premio Overseas Press Oub oí America.Alfred Eisenstaedt Award da Magazine Photography. Premio Unesco categoría cultural no Brasil.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos The Salt of the Earth'' Ligazóns externas Instituto Terra e Amazonas Images: axencia de fotoxornalismo de Sebastião Salgado*

Categoría:Fotógrafos do Brasil Categoría:Fotoxornalistas Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados no estado de Minas Xerais