Dime algo sucio é unha novela de Diego Ameixeiras, publicada por Edicións Xerais en novembro de 2009.
Trama A obra está ambientada na cidade de Oregón (nome ficticio de Ourense), e en relatos curtos vai alternando as vivencias de varios personaxes: Nelson e Laura (parella de mozos adolescentes), un taxista, un home de raza negra que vende CDs piratas, Eduardo e Miriam (parella madura que pasa por unha crise), unha rapaza de 15 anos, e un rapaz cunha cicatriz na cara que vende fotografías eróticas e é contratado para filmar unha violación.
Traducións Ao castelán co mesmo título por Carmen Pereiro e publicada en 2011 por Pulp booksFicha do libro na web de Pulpbooks .
Ao catalán por Esteve Valls como Digue'm alguna cosa bruta, publicada en 2013 tamén por Pulp booksFicha do libro na web de Pulpbooks .
Ao alemán por Natalja Dudek co título de Sag mir etwas schmutziges publicado en 2013 por Pulp BooksFicha en BiTraGa..
Ao italiano por Maria Barcellona co título de Dimmi qualcosa di sporco publicado en 2013 por Pulp BooksFicha en BiTraGa..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro na web da Edicións Xerais.
Categoría:Obras literarias de 2009 Categoría:Novelas en galego Categoría:Novelas ambientadas en Ourense Categoría:Edicións Xerais de Galicia Categoría:Novela negra en galego Categoría:Obras literarias de Diego Ameixeiras