O Clube de Rugby do Técnico é un club de rugby da cidade de Lisboa que compite na Divisão de Honra, a máxima categoría deste deporte en Portugal.

Historia O Técnico foi fundado en maio de 1963 por un cuarteto de xogadores de rugby formado por Alfredo Santos, José Metelo, José Luis Steiger e Pedro Ribeiro, inspirados nos exemplos das outras seccións existentes de voleibol, baloncesto e balonmán do Instituto Superior Técnico (IST). O primeiro encontro oficial do Técnico remóntase ó 15 de decembro de 1963 no campo principal do Estadio Nacional de Jamor, pertencente ó Campionato Nacional de Segunda División, fronte ó Grupo Desportivo Guerin, con resultado de 30-0 a prol dos engenheiros. Nese mesmo ano venceron no primeiro Campionato Nacional de Juniores. Ó ano seguinte o primeiro equipo gañou o Campionato Nacional de Segunda División.

Consolidado como un dos equipos habituais na Divisão de Honra portuguesa, o club acadou dous títulos de liga nas tempadas 1980/81 e 1997/98, converténdose nun dos referentes do rugby portugués, no cal so existen oito clubs campións de liga. A ese palmarés hai que sumar as catro edición da Taça de Portugal que gañou en 1969, 1971, 1973 e 1994; e a Super Taça que gañou en 1994.

O seu terreo de xogo é o Campo das Olaias, que foi inaugurado o 22 de maio de 1993, malia que so puido ser empregado dous anos antes da súa destrución en maio de 1995 por mor dunhas reformas urbanas, tendo que volver a ser construído de novo e reinaugurado en xaneiro de 1998.

Palmarés Divisão de Honra: 2 1981, 1998 ''Taça de Portugal: 4 1969, 1971, 1973, 1994 Super Taça'': 1 1994

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Páxina oficial en Facebook Outros artigos

Técnico