Xosé Manuel Sánchez Aguión, nado en Boimorto en 1956, é un sindicalista galego e actual secretario xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.
Traxectoria Afiliado a CCOO desde 1977, estivo ligado nos inicios á Federación Agroalimentaria de CCOO debido á súa formación como capataz agrícola e ex xefe de explotación no Instituto Nacional de Investigacións Agrarias de Mabegondo Entrevista a Sánchez Aguión no diario Galicia Hoxe Consultado o 8 de febreiro de 2010.. Desa federación foi secretario xeral entre 1980 e 1988 e, posteriormente, entre 1988 e 1996, foi secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO da Coruña Perfil de Sánchez Aguión no portal Galicia Dixital Consultado o 8 de febreiro de 2010..
No final do seu mandato coruñés entrou a formar parte da Comisión Executiva Nacional de CCOO de Galiza como responsábel de Organización e Finanzas, e máis tarde de Organización, cargo no que permaneceu até 2009, cando se presentou para substituír a Xan María Castro após o retiro deste á fronte do sindicato. Foi elixido secretario xeral no IX Congreso do sindicato, ese mesmo ano, e reelixido en 2013.
Notas
Véxase tamén Outros artigos CCOO Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia
Ligazóns externas Web de CCOO de Galiza
Categoría:Sindicalistas de CCOO de Galicia Categoría:Nados en Boimorto Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes