A PlayStation Portable ou PSP (en galego: Estación de xogo portátil) é unha videoconsola portátil da compañía xaponesa Sony Computer Entertainment. Trátase, ademais, da terceira consola da liña PlayStation e a primeira incursión de Sony no mercado das portátiles. A PSP foi presentada oficialmente na Electronic Entertainment Expo (E3) o 13 de maio de 2003, e foi producida dende decembro de 2004 até o 6 de xullo de 2014.

Especificacións Pantalla LCD: 16:9, resolución de 480x722 con 16.7 millóns de cores. Dimensións/peso: 170x74x23 milímetros, 260 gramos. CPU: 32 bits MIPS R4000 rodando a 333 Mhz. GPU: 166 Mhz, capaz de xerar 32 millóns de polígonos renderizados por segundo. Memoria: 32 megabytes de RAM e 4 megabytes de DRAM dedicada a vídeo. Son: 44 Khz, 16 bits, estéreo, dous canais (calidade de CD). Media: xogos e filmes son gravados nun mini-disco UMD. Soporta os cartóns de memoria Memory Stick da Sony de ata 512 megabytes. Conectividade: pode ser conectado a un PC vía USB e usar o cartón de memoria como drive virtual. Nesa conexión pódese transferir para o aparello fotos, músicas e filmes. Multixogador: Soporta conexións WiFi para xogos online sen fío. Multimedios: pode reproducir música no formato MP3, WMA e ATRAC, ver fotos de cámaras dixitais en formato JPEG e reproducir filmes no formato AVI, MPEG (Divx e VCD), podendo transferir eses filmes, músicas e fotos do PC para a aparello. Batería: autonomía de 4 a 6 horas, dependendo da aplicación, recarga total en 4 horas.

Véxase tamén Outros artigos Sony PlayStation

Categoría:PlayStation