O tendón de Aquiles (tendo Achillis, que vén de tendōn, cruzamento entre a palabra grega ténōn, τένων, que tensa, e o lexema latino tend- poñer tenso) é un tendón da parte posterior da perna. Serve para unir os músculos gastrocnemio e sóleo ao óso calcáneo (talón). Tamén recibe o nome de tendón calcáneo (tendo calcaneus).

Orixe do nome miniatura|230px|esquerda|Morte de Aquiles, estatua de Ernst Herter (1846-1917) no Achilleion, de Corfú (Grecia) O nome de tendón de Aquiles foi proposto polo cirurxián alemá L. Heister en 1717 en honra do heroe grego Aquiles. Xa Philip Verhayen en 1693 se refería nun dos seus libros de anatomía a esta parte do corpo como a corda de Aquiles, nome do que posteriormente xurdiu a expresión talón de Aquiles.

Conta a lenda, segundo o poema incompleto Aquileida (Estacio, no século I), que cando naceu Aquiles, a súa nai Tetis procedeu a facelo inmortal mergullándoo no río Estixia pero non mollou o calcáneo por onde o collía. Así, quedou protexido contra calquera ferida excepto no pé. Por iso morreu na guerra de Troia cando Paris o alcanzou cunha frecha envelenada nese punto.

Estrutura anatómica O tendón de Aquiles está situado na parte posteroinferior da perna, formando unha banda ancha e grosa que nace á metade da perna e se insire na parte posterior do óso calcáneo, cunha bursa interposta entre o tendón e o óso. É o tendón máis groso e forte do corpo e, nos humanos, mide arredor de 15 cm, cun estreitamento a uns 4 cm da inserción ósea para abrirse un pouco no seu extremo inferior. Está constituído pola reunión dos dous tendóns dos xemelgos (interno e externo) que dan lugar ao gastrocnemio, e do sóleo, se ben recibe fibras musculares sobre a súa superficie anterior case ata o seu extremo distal. Superficialmente e ao longo da cara lateral baixa a vea safena menor. O reflexo aquíleo permite comprobar a integridade da raíz espiñal Sacra-1.

Reflexo da súa fortaleza é o feito de que deste tendón se colgan as reses de abasto tralo sacrificio para a posterior preparación da canal.

Enfermidades miniatura|dereita|200px|Operación de reparación da rotura do tendón de Aquiles miniatura|dereita|200px|Sutura despois da rotura total do tendón de Aquiles As lesións máis comúns son: Tendinite aquilea: produce unha dor máis ou menos intensa no tendón, observándose inflamación e perda do contorno do mesmo. As súas causas son variadas: metabólicas, infecciosas, anatómicas, sobrecarga de adestramento, material non axeitado (zapatos que non absorben os impactos), exercicios inadecuados etc. Entesite do Aquiles: é unha dor producida na zona da unión do tendón co óso calcáneo. As súas causas son ademais dalgunhas das anteriores os pés cavos e varos Chámase pé cavo o pé oco, coa planta excesivamente curvada. Pé talo é o pé deforme por flexión excesiva, a causa da parálise dos músculos do talón de Aquiles. Pé varo (ou valgo) é o pé desviado cara a dentro, que pousa no seu bordo externo. Pé talovaro (ou talovalgo) é o resultado da combinación dos dous casos anteriores.. Calcificacións do tendón: son acumulacións de carbonato cálcico que producen un engrosamento do tendón e dá lugar a outros síntomas como molestias ou aumento da temperatura na zona. Rotura do tendón: pode ser parcial ou total, esta última é a lesión máis grave, cuxa única solución é cirúrxica e require de inmobilización do pé .

O talón de Aquiles A lenda da morte de Aquiles a causa dunha frecha no talón deu pé á expresión tendón de Aquiles para referirse ao punto máis débil dunha persoa ou asunto.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Calcáneo

Ligazóns externas Explicacións sobre a rotura do tendón de Aquiles

Categoría:Tendóns