Para o actual equipo da Liga LEB, véxase Fundación Lucentum Baloncesto. O Club Baloncesto Lucentum Alicante foi un club de baloncesto español con sede na cidade de Alacant, Comunidade Valenciana. Fundado en 1994, militou durante nove temporadas na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. Desapareceu en agosto de 2015 por problemas financeiros, cedendo a súa praza na Liga LEB Prata á Fundación Lucentum Baloncesto, club creado dous meses antes coa intención de salvar o baloncesto profesional na cidade.
Traxectoria O 31 de maio de 1994 un grupo de persoas vinculadas ao baloncesto alacantino, basicamente a través do Club de Baloncesto Miguel Hernández, deciden crear un novo club coa denominación de Club Baloncesto Lucentum Alicante. O 25 de xullo de 1994 acepta a invitación para competir na Liga EBA. Na primeira tempada o proxecto recibiu o soporte económico da empresa "Ernesto Electrodomésticos". NA súa primeira temporada, o club superou os obxectivos deportivos marcados inicialmente, chegando á semifinal para o ascenso á liga ACB. O soño non se puido facer realidade, xa que no último segundo perdeu por un punto fronte ao Gijón Baloncesto, que ascendeu á ACB.
Ao longo de 1996 a Federación Española de Baloncesto reestruturou as categorías coa creación da Liga Española de Baloncesto (LEB), á cal se accedía por palmarés deportivo e por convite entre os equipos que o solicitaban e superaban unha auditoría sobre a súa situación económica. O Lucentum Alicante solicitou a súa inclusión e, despois de cumprir todos os requirimentos, foi admitido como equipo LEB, sendo o único representante da Comunidade Valenciana desta categoría. As boas campañas realizadas na LEB culminaron na temporada 1999−00 co liderado na clasificación e o ascenso á ACB. Na súa primeira etapa na máxima categoría, as limitacións económicas e deportivas marcaron o equipo, que non puido evitar o descenso á LEB.
Na temporada 2001−02 prodúcese unha mudanza importante na traxectoria do club. Un novo grupo de persoas, encabezadas por Luis Castillo, inicia un novo proxecto que decontado comeza a dar os seus froitos: conséguese a Copa Príncipe de Asturias de Baloncesto, o campionato da LEB e o retorno á ACB. O novo proxecto conseguiu atraer o interese da cidade de Alacant, dos medios de comunicación e da sociedade alacantina. Desde a tempada do ascenso, o Lucentum atinxiu dúas clasificacións para os playoffs polo título, coa súa correspondente clasificación para as competicións europeas, e a histórica participación na Copa do Rei de Zaragoza en 2004. Con todo, na tempada 2006−07 o Lucentum descende á liga LEB, dimitindo o seu presidente e ocupando o seu lugar Miguel Cano. Pouco tempo despois, na temporada 2008−09, o club regresa á máxima categoría, onde permaneceu até a temporada 2011−12 co descenso á Liga LEB Ouro. Debido a dificultades económicas o club desapareceu en agosto de 2015, cedendo a súa praza na Liga LEB Prata á Fundación Lucentum Baloncesto, club creado dous meses antes coa intención de salvar o baloncesto profesional na cidade.
Patrocinios Alén de Lucentum Alicante, o club tivo outro nomes ao longo da súa historia por motivos de patrocinio: Ernesto Electrodomésticos (1994–1996) Proaguas Costablanca (2000–2001) Etosa Alicante (2002–2007) Alicante Costablanca (2007–2008) Meridiano Alicante (2009–2011)
Xogadores Destacados
Lucio Angulo José Manuel Calderón Carlos Cazorla Berni Hernández Oriol Junyent Pedro Llompart Iñaki de Miguel Nacho Rodríguez Ademola Okulaja Pablo Prigioni Pepe Sánchez Rafa Luz Velimir Perasović Mario Stojić Martin Rančík Justin Doellman Chuck Kornegay Quincy Lewis Marlon Maxey Darryl Middleton Lou Roe Kyle Singler John Williams Alain Digbeu Stéphane Dumas Thomas Heurtel Moustapha Sonko Martynas Andriuškevičius Henk Norel Vule Avdalović Bojan Popović Serkan Erdoğan
Adestradores Os seguintes son os adestradores do Lucentum Alicante en ACB.
Andreu Casadevall (2000−2001) José Luis Oliete (2001) Julio Lamas (2002−2003) Luis Casimiro (2003) Alfredo García (2003) Trifón Poch (2003−2007) Oscar Quintana (2009−2010) Txus Vidorreta (2010−2012)
Palmarés Liga LEB Campións (2): 2000, 2002 Subcampións (2): 2009, 2013 Copa Princesa de Asturias Campións (2): 2002, 2009 Subcampións (1): 2008 Lliga Valenciana Campións (3): 2004, 2006, 2011 Subcampións (4): 2005, 2008, 2009, 2010
Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1994–95 2EBA 24–14 1995–96 2EBA 15–20 1996–97 2LEB 8º 19–16 1997–98 2LEB 7º 15–17 1998–99 2LEB 11º 12–19 Copa Príncipe CF1999–00 2LEB1º 30–12 Copa Príncipe CF2000–01 1ACB17º 9–25 2001–02 2LEB1º 27–1–12 Copa Príncipe 1º2002–03 1ACB 8º 19–19 2003–04 1ACB 14º 14–20 2 Copa ULEB 3–72004–05 1ACB 6º 25–14Cuartos de final2005–06 1ACB 12º 14–20 2 Copa ULEB 6–62006–07 1ACB17º 12–22 2007–08 2LEB Ouro 4º 26–12 Copa Príncipe 2º2008–09 2LEB Ouro2º 29–10 Copa Príncipe 1º2009–10 1ACB 15º 13–21 2010–11 1ACB 16º 9–25 2011–12 1ACB 8º 18–18Cuartos de final2012–13 2LEB Ouro2º 27–11 2013–14 51ª Div. 27–1 2014–15 3LEB Prata 5º 22–14
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Lucentum Alicante en ACB.com
Lucentum Alicante CB Lucentum Alicante CB Categoría:Deporte en Alacant